The New Pornographers

The New Pornographers é unha banda de indie rock canadense formada en 1997 en Vancouver, British Columbia. O seu son está moi influenciado por bandas de power pop como The Cars e Cheap Trick, a pesar de que as súas composicións son melódica e harmonicamente máis complexas.

The New Pornographers
A banda en concerto no ano 2005
OrixeVancouver, Canadá
Período1997 - presente
Xénero(s)indie rock, Power pop
Selo(s) discográfico(s)Matador, Mint
MembrosDan Bejar
Kathryn Calder
Neko Case
John Collins
Kurt Dahle
Todd Fancey
Carl Newman
Blaine Thurier
Na rede
thenewpornographers.com
IMDB: nm2032493 Facebook: thenewpornographers Twitter: thenewpornos Instagram: thenewpornographers MySpace: thenewpornographers Youtube: UCPvvtMH1iUy-c5YQe3qxRdg Souncloud: the-new-pornographers Spotify: 4mO4aGO6u29UyR6XLZR9XW iTunes: 4978498 Last fm: The+New+Pornographers Musicbrainz: 25b75a66-ce83-4db3-b136-395a3c3784c4 Songkick: 42253 Discogs: 363443 Allmusic: mn0000477787 Deezer: 2014 Genius: The-new-pornographers Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A banda formouse na cidade e Vancouver no ano 1997 e o seu nome foi elixido por Carl Newmann, que afirma que se lle ocorreu despois de ver unha película xaponesa traducida ao inglés como The Pornographers.[1] Porén, moitos escritores asumiran que facía referencia á palabras do teleevanxelista Jimmy Swaggart, que dicía que o rock and roll era "a nova pornografía".[2]

Ata a data The New Pornographers leva publicados sete álbums de estudio: Mass Romantic (2000), Electric Version (2003), Twin Cinema (2005), Challengers (2007), Together (2010), Brill Bruisers (2014) e Whiteout Conditions (2017). Un álbum ao vivo gravado durante a súa xira do 2006 está só dispoñible nos seus concertos e a través da páxina web da banda.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Mass Romantic 2000 Mint Records, Matador Records
Electric Version 2003 Mint Records, Matador Records
Twin Cinema 2005 Mint Records, Matador Records
Challengers 2007 Last Gang Records, Matador Records
Together 2010 Matador Records
Brill Bruisers 2014 Matador Records
Whiteout Conditions 2017 Concord Music Group
In the Morse Code of Brake Lights 2019 Concord Music Group
Continue as a Guest 2023 Merge Records

Notas editar

  1. "Glide - The New Pornographers: Canadian Blockbuster" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 18 de agosto de 2011. 
  2. New Pornographers bio en TrouserPress.com (en inglés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar