O derradeiro emperador

filme de 1987 dirixido por Bernardo Bertolucci
(Redirección desde «The Last Emperor»)

O derradeiro emperador[3] (en inglés: The Last Emperor) é un filme dirixido por Bernardo Bertolucci que se estreou no ano 1987. O filme narra a vida de Puyi, o derradeiro emperador da China, cuxa autobiografía foi a base para o guión escrito por Mark Peploe e Bernardo Bertolucci.

O derradeiro emperador
Ficha técnica
Título orixinalThe Last Emperor
DirectorBernardo Bertolucci
ProdutorJeremy Thomas
GuiónMark Peploe
Bernardo Bertolucci
IntérpretesJohn Lone
Joan Chen
Peter O'Toole
Ruocheng Ying
Victor Wong
MúsicaRyuichi Sakamoto
David Byrne
Cong Su
FotografíaVittorio Storaro
MontaxeGabriella Cristiani
EstudioHemdale Film Corporation
Recorded Picture Company
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea1987
Duración160 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
China
Italia Italia
XéneroHistórico, Biográfico
Orzamento$23 800 000[1]
Recadación$43 984 230[2]
Na rede
IMDB: tt0093389 Filmaffinity: 549520 Allocine: 2865 Rottentomatoes: m/last_emperor Mojo: lastemperor Allmovie: v28316 Metacritic: movie/the-last-emperor TV.com: movies/the-last-emperor Netlix: 70089029Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

É a historia de Puyi, o último emperador da China, que subiu ó trono ós tres anos e foi adorado por 500 millóns de persoas como un deus. Gobernou na Cidade Prohibida, ata que as forzas republicanas, que querían abolir a corte imperial, o encerraron entre as súas murallas. Finalmente abdicou e converteuse durante un tempo nun monicreque das forzas de ocupación xaponesas en Manchuria. Despois chegou a revolución comunista e foi encarcerado para "limpar" a súa mente de todo pensamento capitalista. Nos derradeiros anos da súa vida foi xardineiro no parque botánico de Pequín e levou unha vida como un home normal no seu país, sendo testemuña do culto a Mao Tse Tung e da Revolución Cultural.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. The Last Emperor Box Office Mojo
  3. "Butaca Especial: O derradeiro emperador". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar