The Dismemberment Plan
The Dismemberment Plan foi unha banda de indie rock estadounidense baseada en Washington, D.C. formada o 1 de xaneiro de 1993. Tamén coñecida como D-Plan ou The Plan, o nome deriva dunha frase da industria usada polo vendedor de seguros Ned Ryerson na popular comedia Atrapado no tempo.[1] Os seus membros son Eric Axelson (baixo), Jason Caddell (guitarra), Joe Easley (batería), e Travis Morrison (voces e guitarra). Axelson, Caddell, Morrison e o batería orixinal Steve Cummings formaron a banda na universidade, tras coñecerse mentres asistían a distintos institutos do norte de Virxinia (Axelson, Cummings, e Morrison ían ao Lake Braddock Secondary School en Burke, Virxinia). Cummings deixou o grupo tras gravar o seu álbum de estrea e foi substituído por Easley, cementando a formación do grupo.
The Dismemberment Plan | |
---|---|
A banda en 2003 | |
Orixe | Washington, D.C., |
Período | 1993 - 2003 2007 2010 - 2015 |
Xénero(s) | indie rock, rock experimental, post-punk revival, math rock, post-hardcore |
Selo(s) discográfico(s) | Partisan, MapleMusic,Interscope, DeSoto |
Membros | Eric Axelson Jason Caddell Joe Easley Travis Morrison Steve Cummings |
Na rede | |
dismembermentplan.com | |
The Dismemberment Plan lanzou catro álbums de estudio antes de separarse en 2003, sendo considerado o mellor deles o aclamado Emergency & I de 1999. A banda reuniuse a principios de 2011, xirando polos Estados Unidos e o Xapón e lanzando un álbum ao vivo. Posteriormente lanzaron un novo álbum en outubro de 2013, Uncanney Valley.
Discografía editar
Álbums editar
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
! | 1995 | DeSoto Records |
The Dismemberment Plan Is Terrified | 1997 | DeSoto Records |
Emergency & I | 1999 | DeSoto Records |
Change | 2001 | DeSoto Records |
Uncanney Valley | 2013 | Partisan Records |
Notas editar
- ↑ "The Dismemberment Plan". Ink 19 (en inglés). Consultado o 2023-04-20.