The Bedlam in Goliath

The Bedlam in Goliath é o cuarto álbum da banda estadounidense de rock progresivo The Mars Volta, editado o 29 de xaneiro do 2008. O disco estreouse no número 3 da Billboard 200, converténdose no lanzamento do disco en chegar máis alto nas listas despois de vender ao redor das 54.000 copias na súa primeira semana.

The Bedlam in Goliath
Álbum de The Mars Volta
Publicado29 de xaneiro do 2008
Gravación2006 - 2007
Estudio(s)Ocean Way Recording, Hollywood, California e no estudio caseiro de Rodríguez-López en Brooklyn, Nova York
Duración75:45
Xénero(s)rock progresivo, rock experimental
Selo(s)Universal Motown Records, Gold Standard Laboratories
Producido porOmar Rodríguez-López
Cronoloxía
Amputechture The Bedlam in Goliath Octahedron

Producido polo guitarrista Omar Rodríguez-López, o proceso creativo do álbum foi obxecto da "mala sorte" despois dunha estraña experiencia da banda cunha ouija que Rodríguez-López mercara en Xerusalén como regalo para Cedric Bixler-Zavala.

Listaxe de cancións editar

  1. "Aberinkula" - 5:45
  2. "Metatron" - 8:12
  3. "Ilyena" - 5:36
  4. "Wax Simulacra" - 2:39
  5. "Goliath" - 7:15
  6. "Tourniquet Man" - 2:38
  7. "Cavalettas" - 9:32
  8. "Agadez" - 6:44
  9. "Askepios" - 5:11
  10. "Ouroborous" - 6:36
  11. "Soothsayer" - 9:08
  12. "Conjugal Burns" - 6:36