Territorio Británico do Océano Índico

O Territorio Británico do Océano Índico (BIOT - Das siglas en inglés, British Indian Ocean Territory) é un Territorio de Ultramar do Reino Unido situado no océano Índico a medio camiño. entre Tanzania e Indonesia, en 6°S, 71°30'L,

Modelo:Xeografía políticaTerritorio Británico do Océano Índico

HimnoGod Save the King Editar o valor em Wikidata

Lema«In tutela nostra Limuria» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 6°00′S 71°30′L / -6, 71.5Coordenadas: 6°00′S 71°30′L / -6, 71.5
EstadoReino Unido
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particularterritorio Británico de Ultramar Editar o valor em Wikidata
CapitalCamp Thunder Cove (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.000 (2018) Editar o valor em Wikidata (50 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie60 km² Editar o valor em Wikidata
Moedadólar estadounidense Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+6 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Dominio de primeiro nivel.io Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+246 Editar o valor em Wikidata
Código de paísIO Editar o valor em Wikidata

O territorio abarca os sete atois do arquipélago de Chagos (फेहंद्वीप Phehandweep en hindú e outros idiomas da India do Norte, Paeikaana Theevukal பேகான தீவுகள் en tamil, Feyhandheebu ފޭހަންދީބު en dhivehi) con máis de 1.000 illas individuais (moi pequenas) cunha superficie total de 60 quilómetros cadrados.[1]

A illa máis grande e máis meridional é Diego García (27 km²) ocupa unha posición estratéxica no centro do océano Índico, toda ela é unha instalación militar conxunta do Reino Unido e os Estados Unidos[2]. Tras o desaloxo da poboación nativa (chagosianos) na década de 1960, os únicos habitantes son o persoal militar dos Estados Unidos e Gran Bretaña e os contratista asociados, que en conxunto suman ao redor de 3.000 (cifras de 2018).[3]

A Expulsión dos chagosianos do arquipélago de Chagos produciuse entre 1968 e 1973. Os chagosianos, que entón eran sobre 2.000 persoas, foron expulsados ​​polo goberno do Reino Unido a Mauricio e Seychelles para construír a base militar. Hoxe, os chagosianos exiliados aínda intentan regresar, dicindo que a expulsión forzada e a despoxo foron ilícitos, pero o goberno do Reino Unido negoulles en varias ocasións o dereito de retorno.[4][5] As illas están prohibidas para os chagosianos, os turistas ocasionais e os medios de comunicación.

Desde a década de 1980, o Goberno de Mauricio está na procura de recuperar o control sobre o arquipélago de Chagos, que foi separada da entón Colonia da Coroa de Mauricio polo Reino Unido en 1965 para formar o Territorio Británico do Océano Índico. En febreiro de 2019, opinión consultiva do Tribunal Internacional de Xustiza pediu que as illas fosen entregadas a Mauricio. Desde isto, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas e o Tribunal Internacional do Dereito do Mar tomaron decisións similares.

Historia editar

 
Localización das illas

O Arquipélago de Chagos foi descuberto polo explorador español Diego García de Moguer en 1554, quen bautizou á maior das illas como Diego García. Foron reclamadas no século XVIII por Francia como unha posesión de Mauricio. Habitadas por primeira vez no século XVIII por escravos africanos e contratistas indios traídos por franco-mauricianos para fundar plantacións de coco.[6] En 1810, Mauricio foi capturada polo Reino Unido, e Francia cedeu posteriormente o territorio no Tratado de París en 1814.

O BIOT foi establecido como territorio do Reino Unido o 8 de novembro de 1965, agrupaba os Arquipélagos de Chagos, Aldabra, Farquhar e as illas Desroches. O 23 de xuño de 1976 Aldabra, Farquhar e Des Roches foron devoltos a Seychelles cando acadou a independencia. Consecuentemente, o BIOT soamente está constituído por un grupo de seis illas incluíndo o Arquipélago de Chagos. A maior illa e a máis ao sur, Diego García, e acolle bases navais do Reino Unido e mailos EUA. Tódalas illas restantes están deshabitadas. Entre 1967 e 1973, os agricultores que anteriormente residían na illa foron mandados a illa Mauricio e ao arquipélago de Seychelles. En 2000, a suprema corte británica anulou a orde de inmigración local que excluía os residentes do arquipélago, máis apoiou o estado militar especial de Diego García. O territorio do Reino Unido e administrado por un comisario que reside fora da illa, o representante do Comisionado no territorio, é o oficial ao mando do destacamento de forzas británicas. A Defensa é responsabilidade do Reino Unido; os Estados Unidos arrendaron Diego García e o contrato vencía en 2016. Renovouse para continuar ata 2036. O anuncio foi acompañado dunha promesa de indemnización de 40 millóns de libras esterlinas a antigos residentes.[7]

Entre mentres, o Arquipélago de Chagos é reivindicado por Mauricio e por Seychelles.

Goberno e política editar

Como territorio do Reino Unido, a súa "cabeza de estado" é a Raíña Elizabeth II , e a "cabeza de goberno" é o Comisario Colin Roberts e a Administradora Joanne Yeadon, todos residentes no Reino Unido. Non se celebran eleccións; o monarca é hereditario, o comisario e o administrador son designados polo monarca.

Economía editar

Toda a actividade económica concéntrase na illa Diego García onde están as instalacións de defensa do Reino Unido e dos Estados Unidos. Os aproximadamente 3.000 habitantes nativos, coñecidos como o Chagosians ou Ilois, foron evacuados para a illa Mauricio antes da construción dos complexos militares; en 1995, había aproximadamente 1.700 militares americanos-ingleses e 1.500 civís vivindo na illa. Os proxectos de construción e outros servizos necesarios para manter as instalacións militares son feitos polos soldados e empregados contratados do Reino Unido, Mauricio, Filipinas, e EUA. Non hai ningunha actividade industrial ou agrícola nas illas. A concesión de licenzas de pesca comercial proporcionan un ingreso anual de ao redor de 1 millón de dólares para o territorio. Están dispoñíbeis servizos de telefonía para o exército e para as necesidades públicas, providenciando todo o servizo tradicional de teléfono comercial inclusive conexión con Internet; o servizo internacional é feito a través de satélite. O Territorio ten tres estacións de radio, unha de AM e dúas FM, e unha estación de televisión.

Xeografía e comunicación editar

 
Vista de Diego García, base militar.

O territorio é un arquipélago de 55 illas, a máis grande é Diego García, que representa case a metade da superficie total do territorio, que é de 60 km². O terreo é plano e baixo, coa maioría de superficies que non excedan de 2 metros sobre o nivel do mar. O clima é tropical marítimo, cálido e húmido, e moderado polos ventos alisios. A maioría das illas non teñen estrada, Diego García ten unha pequena estrada pavimentada entre o porto e aeroporto, o medio de transporte máis común son as bicicletas. A base militar de Diego García ten o único aeroporto do territorio con varias pistas, a maior de 3000 metros de longo, é capaz de acoller bombardeiros como os moi pesados B-52 da USAF e o transbordador espacial no caso dunha misión abortada. Tamén Diego García posúe un importante porto. En 2010, 545 000 kilometros cadrados (210 426 sq mi) de océano ao redor das illas foi declarada reserva mariña.

A Orde 2004 (constitución) do Territorio Británico do Océano Índico define o territorio como composto polas seguintes illas ou grupos de illas:

Como se indicou anteriormente, o territorio incluía tamén Aldabra, Farquhar e Desroches entre 1965 e 1976, este último grupo de illas que atópase ao norte de Madagascar foron anexadas e devoltas ás Seychelles.

Notas editar

  1. "British Indian Ocean Territory". World Factbook. Central Intelligence Agency. 27 de marzo de 2013. Consultado o 5 de abril de 2013. 
  2. Chirayu Thakkar (12 Jul 2021) OVERCOMING THE DIEGO GARCIA STALEMATE
  3. "British Indian Ocean Territory". The World Factbook. Central Intelligence Agency. 2 de xuño de 2020. Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  4. "Mauritius profile". BBC World. 2011. Consultado o 4 de abril de 2012. 
  5. "Historical Background – What Happened to the Chagos Archipelago?". chagosinternational.org. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2013. Consultado o 4 de abril de 2012. 
  6. Vine, David (17 de abril de 2008). "Introducing the other Guantanamo". Asia Times (atimes.com). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008. Consultado o 5 de abril de 2013. 
  7. Mance, Henry (16 de novembro de 2016). "Extended US lease blocks Chagossians' return home". Financial Times. Consultado o 18 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Páxinas oficiais
Campaña chagossiana
Outras