Terremoto de Shaanxi de 1556
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Coordenadas: 34°30′N 109°18′L / 34.50, 109.30O terremoto de Shaanxi ou o terremoto do Condado de Hua é o terremoto máis mortífero do que se ten constancia, no cal morreron aproximadamente 830.000 persoas.[1] Ocorreu na mañá do 23 de xaneiro de 1556 en Shaanxi, China. Máis de noventa e sete condados nas provincias de Shaanxi, Shanxi, Henan, Gansu, Hebei, Shandong, Hubei, Hunan, Jiangsu e Anhui foron afectados.[2] Unha área de 836 km de ancho foi destruída e nalgúns condados morreu o 60% da poboación.[3] Até ese momento, a poboación vivía maiormente en covas artificiais en cantís de loess, que se derrubaron durante o desastre.
O terremoto editar
O terremoto ocorreu no reinado do Emperador Jiajing, da dinastía Ming.
Algunhas estimacións actuais, baseadas en datos xeolóxicos, dan unha magnitude aproximada de 8 graos na escala de Richter ao terremoto. Aínda que foi o terremoto máis mortífero e o quinto desastre natural con máis mortes da historia, houbo terremotos con magnitudes maiores. As réplicas continuaron pouco despois entre un mes até medio ano.[2] O epicentro foi no condado de Hua preto do Monte Hua en Shaanxi (latitude 34,5, lonxitude 109,7).
Nos anais da China[4] foi descrito como:
- No inverno de 1556, un terremoto catastrófico ocorreu nas provincias de Shanxi e Shaanxi. No noso Condado de Hua, varias desgrazas tiveron lugar. Montañas e ríos cambiaron de sitio e os camiños destruíronse. Nalgúns lugares, a terra emerxeu e formou novos outeiros, ou se afundiu abruptamente dando lugar a novos vales. Noutras áreas, un regato desbordouse nun instante, ou a terra rachábase e aparecerían novos barrancos. Cabanas, casas oficiais, templos e as murallas da cidade colapsaron totalmente nun instante.
O terremoto danou severamente moitas das estelas do Bosque de Pedra. Das 114 Pedras Clásicas Kaicheng, romperon 40 no terremoto.[5]
O erudito Qin Keda sobreviviu ao terremoto e rexistrou detalles deste. As súas conclusións deste terremoto incluíron que «no comezo do terremoto, a xente que está dentro non pode saír inmediatamente. Só poden agacharse e esperar unha oportunidade. Mesmo se o niño se colapsaba, algúns ovos podían manterse aínda intactos».[2] Isto pode indicar que moitas persoas morreron tentando fuxir mentres algúns que quedaron quietos puideron sobrevivir.
A sacudida reduciu a altura do Pagode do Pequeno Ganso Silvestre en Xi'an de 45 m a 43,4 m.
As covas de loess editar
Millóns de persoas vivían nesa época en covas artificiais de loess en altos cantís na área da Meseta de Loess. O loess é o nome do chan sedimentado que as tormentas de vento depositaron na meseta a través dos anos. A branda masilla de loes estivo a formarse por millóns de anos debido a que o vento transportaba sedimentos á área desde o Deserto de Gobi. O loess é un chan altamente propenso á erosión así que é susceptible ao vento e á auga. A Meseta de Loess e o seu poeirento chan cubriron case todas as provincias de Shaanxi, Shanxi e Gansu entre outras. A maioría da poboación vivía en residencias chamadas yaodongs, neses cantís. Esta foi a causa da gran cantidade de persoas mortas, xa que o terremoto causou escorregadas de terra que destruíron as covas.
Custo editar
Terremotos con maior cantidade de vítimas | ||||
---|---|---|---|---|
Posición | Terremoto | País | Ano | Vítimas |
1 | «Shaanxi» | China | 1556 | 830.000 |
2 | «Océano Índico» | Indonesia | 2004 | 283.100 |
3 | «Tangshan» | China | 1976 | 242.000 |
4 | «Gansu» | China | 1920 | 235.502 |
5 | «Alepo» | Siria | 1138 | 230.000 |
O custo dos danos provocados polo terremoto é case imposible de determinar en termos modernos. A cantidade total de mortes, con todo, estimouse tradicionalmente en 830.000. O dano causado nas propiedades debeu ser tan grande que é imposible de calcular, xa que unha rexión enteira do interior da China foi destruída e aproximadamente o 60% da poboación da rexión foi aniquilada. O custo dos danos puido ser o equivalente aos que se causarían por unha destrución absoluta debida á detonación dunha bomba nuclear (sen considerar os efectos posteriores).
Comparacións editar
O terremoto de Shaanxi, con todo, non foi o peor desastre da historia da China. De feito, decenas de millóns de chineses morreron durante os Tres Anos de Desastres Naturais de 1959 a 1961.
Notas editar
- ↑ U.S. Geological Survey. "Earthquakes with 50,000 or More Deaths" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2011. Consultado o 3 de xuño de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "china virtual museums_quake". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2006. Consultado o 2009.
- ↑ "CHINA EARTHQUAKES / HISTORICAL CHINA EARTHQUAKES - by: Dr. George Pararas-Carayannis". Consultado o 2009.
- ↑ "Annals of China". 30 Years' Review of China's Science and Technology. 1949-79. p. 100.
- ↑ «Urumqi Xinjiang China Silk Road Online Travel Tour Guide Service Agent Agency Guide service silk road travel silk road tour china specail tour guide sinkiang Urumqi Urumchi ch.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Houa, Jian-Jun; Hanb, Mu-Kang; Chaib, Bao-Long; Hanc, Heng-Yue (1998). "Geomorphological observations of active faults in the epicentral region of the Huaxian large earthquake in 1556 in Shaanxi Province, China". Journal of Structural Geology (en inglés) 20 (5): 549–557. Bibcode:1998JSG....20..549H. doi:10.1016/S0191-8141(97)00112-0.
Ligazóns externas editar
- Ruínas do Terremoto do Condado de Hua Arquivado 14 de xuño de 2006 en Wayback Machine., (en inglés).