Terra de Trasancos

xurisdición galega do Antigo Réxime

Terra de Trasancos é o nome co que se designaba o territorio hoxe ocupado polos concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Neda e Fene. O topónimo ten a súa orixe na época da cultura castrexa, e mantivo o seu nome até a desaparición do Antigo réxime a comezos do século XIX, coa división territorial de España en 1833, organizando o territorio en concellos. Dá nome ás actuais parroquias de Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol) e Trasancos (Narón).

Igrexa de Santa Cecilia de Trasancos.

Historia editar

 
REBE TRASANCI AVG[VST]E século I da era actual ou I antes da actual, Castro de Santa Comba, Ferrol.

Na Gallaecia previa á romanización as divisións territoriais adoitaban estar formadas por uns 50 poboados castrexos, nunha superficie duns 130 km². Este territorio político, ou comissium, deu pé ás bisbarras galegas[1]. Na terra de Trasancos están contabilizados 56 castros, polo que nesa época suporía unha poboación de aproximadamente 2.240 habitantes, contando de media oito vivendas por castro e 5 habitantes por casa.

O 15 de outubro de 2001 André Pena Graña atopou no castro de Santa Comba unha lousiña circular datada no século I do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a Reva: REBE TRASANCI AVG[VST]E[2] ("PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos»).

Toponimia editar

O topónimo Trasancos procede do monte de Ancos, no concello de Neda, e designa tamén as parroquias de Trasancos (Narón) e de Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol).

Notas editar

  1. Pena Graña, André (2010). Narón un concello con historia de seu I (páxina 167). Concello de Narón. p. 535. 
  2. "Un excepcional achado epigráfico" Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo de André Pena Graña, 2001.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar