A terapia hormonal ou hormonoterapia a aquel tratamento que utiliza preparados con acción hormonal.

Terapia hormonal e cancro editar

A hormonoterapia emprégase frecuentemente no tratamento dalgúns tipos de cancro, mediante un conxunto de medidas, principalmente a utilización de fármacos dirixidos a anular a función de determinadas hormonas. A súa eficacia baséase en que certos tumores son hormonodependentes, pois as hormonas sexuais favorecen o seu crecemento, tanto os estróxenos no caso da muller como os andróxenos no home. A importancia da hormonoterapia no tratamento do cancro vén dada porque mellora a supervivencia e produce menos efectos secundarios que a quimioterapia. As súas limitacións derivan do feito de que só é útil aplicada a determinados tumores sensibles á mesma, sobre todo os constituídos por tecidos hormonodependentes: cancro de mama, cancro de endometrio e cancro de próstata.[1][2][3]

No cancro de mama, mediante unha técnica denominada inmunohistoquímica, analízase o tumor para comprobar se presenta receptores para as hormonas sexuais femininas (estróxenos e proxesterona). Se o resultado é positivo, iso indica que o tumor é hormonodependente,  e mentres maior sexa o número de células que expresan estes receptores máis alto será o grao de hormonodependencia. Se o tumor non expresa receptores hormonais a probabilidade de que o tratamento hormonal sexa eficaz é moi baixa. Porén, no cancro de próstata xeralmente non se realizan estudos para comprobar se existen receptores hormonais, asúmese a súa existencia, pois están presentes na gran maioría dos casos.

Notas editar

  1. aecc: Hormonoterapia. Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 21 de marzo de 2013.
  2. G. Cajaraville, M. J. Carreras, J Masso, M.J. Tamés: Oncología. Farmacia hospitalaria. Consultado el 21 de marzo de 2013
  3. La hormonoterapia en el cáncer de mama Arquivado 14 de xullo de 2013 en Wayback Machine.. Jannsen España, consultado o 21 de marzo de 2013