Temisto (do grego: Θεμιστώ), tamén coñecida coma Xúpiter XVIII, é unha pequena lúa irregular de movemento directo de Xúpiter. Foi descuberta no ano 1975, deuse coma perdida, para ser recuperada no ano 2000.

Temisto
Concepción artística.
Descubrimento
Descuberta por Charles Kowal (1975)

Elizabeth Roemer (1975)
Scott S. Sheppard (2000)
David C. Jewitt (2000)
Yanga R. Fernández (2000)
Eugene A. Magnier (2000)

Descuberta no 30 de setembro de 1975

21 de novembro do 2000 redescubrimento

Designación alternativa Xúpiter XVIII
Características orbitais
Raio orbital medio 7.391.650 km (0,04941 UA)
Periapse 5.909.000 km (0,039 AU)
Apoapse 8.874.300 km (0,059 AU)
Excentricidade 0,2006
Período orbital 129,82761 d (0,3554 a)
Inclinación 45,81° (respecto da eclíptica)
47,48° (respecto do ecuador de Xúpiter)
Velocidade orbital 4,098 km/s
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio 4 km[1]
Circunferencia ~25 km
Área superficial ~200 km²
Volume ~270 km3
Masa ~6,89 x 1014 kg
Densidade media 2,6 g/cm3 asumida[2]
Gravidade superficial ~0,0029 m/s2 (0,0003 g)
Velocidade de escape ~0,0048 km/s
Albedo 0,04 asumido[1]
Temperatura ~124 K

Descubrimento e nome editar

Temisto foi descuberta por Charles T. Kowal e Elizabeth Roemer o 30 de setembro de 1975, o seu descubrimento foi anunciado o 3 de outubro de 1975,[3] e recibiu a designación provisional de S/1975 J 1. Pero como máis adiante non se puideron facer observacións para establece-la súa órbita, deuse coma 'perdida'.

Temisto aparecía nos anos 80 coma unha simple cita a pé de páxina. Todo cambiaría no 2000, un aparentemente novo satélite era descuberto por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Yanga R. Fernández e Eugene A. Magnier, e foi designado provisionalmente coma S/2000 J 1. Ó pouco confirmaríase que este novo satélite era o mesmo obxecto co detectado no ano 1975. O anuncio do equipo de Sheppard [4] foi inmediatamente corroborado cunha observación do 6 de agosto do 2000 feita polo equipo de Brett J. Gladman, John J. Kavelaars, Jean-Marc Petit, Hans Scholl, Matthew J. Holman, Brian G. Marsden, Philip D. Nicholson e Joseph A. Burns — unha observación que foi enviada ó Centro de Planetas Menores -Minor Planet Center- pero que non foi publicada nunha circular do UAI (IAUC).[5]

En outubro do 2002 recibiría oficialmente o nome de Temisto[6], o seu nome provén dunha das 50 nereidas, aínda que algúns autores sinalan que é a filla do deus fluvial Inachus.

Características editar

 
Diagrama que ilustra a órbita de Temisto (arriba a esquerda) en relación con outros satélites irregulares de Xúpiter. Os satélites por riba do eixo horizontal son de movemento directo, e os que están por baixo son de movemento retrógrado. Os segmentos amarelos representan a excentricidade orbital que se estende dende o pericentro ó apocentro.

Temisto ten unha órbita infrecuente. Ó contrario ca meirande parte da lúas de Xúpiter, as cales orbitan en distintos grupos, Temisto orbita soa, a medio camiño entre as lúas de Galileo e o grupo de satélites Himalia.

Temisto ten uns 8 km en diámetro (asumindo un albedo de 0,04)[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; An abundant population of small irregular satellites around Jupiter, Nature, 423 (maio de 2003), pp. 261-263
  2. Parámetros físicos extraidos do JPL
  3. IAUC 2845: Probable New Satellite of Jupiter 3 de outubro de 1975 (descubrimento)
  4. IAUC 7525: S/1975 J 1 = S/2000 J 1 25 de novembro do 2000 (recuperación)
  5. MPEC 2000-Y16: S/1975 J 1 = S/2000 J 1, S/1999 J 1 19 de decembro do 2000 (recuperación e efemérides)
  6. [ http://www.cbat.eps.harvard.edu/iauc/07900/07998.html IAUC 7998: Satellites of Jupiter] 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa)
  1. Efemérides IAU-MPC NSES
  2. Parámetros orbitais principais NASA JPL

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar