Temas de Neon Genesis Evangelion

Os temas de Neon Genesis Evangelion (新世紀エヴァンゲリオン Shin Seiki Evangerion?) foron obxecto dun continuo debate académico dende que a serie anime e a franquía foron creados por Gainax. No Xapón, o debate nacional sobre Neon Genesis Evangelion supuxo unha cobertura xeneralizada do remate da serie e as súas interpretacións, o que contribuíu ó interese da análise académica da serie. A maior parte da franquía presenta unha historia de acción mecha apocalíptica, que xira arredor dos esforzos da organización paramilitar NERV para loitar contra seres hostís chamados Anxos, usando humanoides xigantes chamados Evangelions que son pilotados por adolescentes escollidos. Os temas psicolóxicos, relixiosos e filosóficos explorados na obra representan a maioría do debate. A influencia de Evangelion nas narrativas apocalípticas posmodernas no xénero "sekaikei" foi moi grande, mais segue sendo o exemplo máis exitoso.[1]

Notas editar

  1. Tanaka, Motoko (2011). "Apocalypticism in postwar Japanese fiction". University of British Columbia. Consultado o 22 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • My Father, He Killed Me; My Mother, She Ate Me: Self, Desire, Engendering, and the Mother in Neon Genesis Evangelion de Mariana Ortega, Mechademia, Volume 2, 2007, pp. 216–232