Tectónica de placas

A tectónica de placas é unha teoría científica que establece que a litosfera (a porción superior máis fría e ríxida da Terra) está fragmentada nunha serie de placas ou baldosas que se desprazan sobre o manto terrestre fluído (astenosfera). Esta teoría tamén describe o movemento das placas, as súas direccións e interaccións.

Placas tectónicas do mundo
Tectonic plates (surfaces are preserved)

As diferentes placas desprázanse con velocidades da orde de 5 cm/ano o que é, aproximadamente, a velocidade con que crecen as uñas das mans. Dado que se desprazan sobre a superficie finita da Terra, estas interaccionan unhas coas outras ó longo das súas fronteiras ou límites (ver abaixo) provocando intensas deformacións na codia e litosfera da Terra, o que dá lugar a grandes cadeas montañosas (v.g. os Andes e Alpes) e grandes sistemas de fallas asociadas con estas (v.g. o sistema de fallas de San Andrés). O contacto por fricción entre os límites das placas é responsable da maior parte de terremotos.

Identificáronse 12 placas grandes e numerosos "bloques" de dimensións menores. As principais placas son: Africana, Norte América, América do Sur, Placa do Pacífico, Placa de Nazca, Euroasiática, Cocos, Caribe, Antártica, Australiana, de Arabia e de Filipinas.

Orixe das placas tectónicas editar

Pénsase que a orixe das placas débese a correntes de convección no interior do manto as cales fragmentan s litosfera. As correntes de convección son patróns circulatorios que se presentan en fluídos que se quentan na súa base. Ó quentarse a parte inferior do fluído dilátase e polo tanto emerxe unha forza de flotación que fai que o fluído ascenda. Ó atinxir a superficie, arrefríase, descende e vólvese a quentar, establecéndose un movemento circular auto-organizado.[1] No caso da Terra sábese, a partir de estudos de reaxuste glaciar, que a astenosfera se comporta como un fluído en escalas de tempo de miles de anos e considérase que a fonte de calor é o núcleo terrestre. Este estímase que ten unha temperatura de 4.500 °C. Desta maneira, o papel das correntes de convección no interior do planeta é o de liberar a calor orixinal almacenada no seu interior adquirido durante a súa formación.

Así, en zonas onde dúas placas se moven en direccións opostas (como é o caso da placa Africana e de Norte América que se separan ó longo da cordilleira do Atlántico) as correntes de convección forman novo piso oceánico, quente e flotante, formando as cordilleiras meso-oceánicas ou centros de dispersión. Conforme se afastan dos centros de dispersión, as placas arrefríanse, tornándose máis densas e afundíndose no manto ó longo de zonas de subdución onde o material litosférico é fundido e reciclado.

Unha analoxía frecuentemente empregada para describir o movemento das placas é que estas "aboian" sobre a astenosfera coma o xeo sobre a auga. Así a todo, esta analoxía só é parcialmente válida xa que as placas tenden a afundirse no manto como se describiu anteriormente.

Antecedentes Históricos editar

 
Animación coa separación de Panxea.

A tectónica de placas ten a súa orixe en dúas teorías que lle precederon: a teoría da deriva continental e a teoría da expansión do piso oceánico.[2]

A primeira foi proposta por Alfred Wegener a principios do século XX e pretendía explicar o intrigante feito de que os contornos dos continentes ensamblan entre si coma un quebracabezas e que estes teñen historias xeolóxicas comúns. Isto suxire que os continentes estiveron unidos no pasado formando un supercontinente chamado Panxea que se fragmentou durante o período permiano, orixinando os continentes actuais. Esta teoría foi recibida con escepticismo e eventualmente refugada porque o mecanismo de fragmentación (deriva polar) non podía xerar as forzas necesarias para desprazar as masas continentais.

A teoría de expansión do piso oceánico foi proposta cara á metade do século XX e está sustentada en observacións xeolóxicas e xeofísicas que indican que as cordilleiras meso-oceánicas funcionan como centros onde se xera novo fondo oceánico conforme os continentes se afastan entre si. Baséase no paleomagnetismo, nas inversión da polaridade magnética que presentan os materiais a ambos lados da dorsal[3], e no incremento de espesor do sedimento peláxico a medida que nos afastamos da dorsal[4].

A teoría da tectónica de placas foi forxada principalmente entre os anos 50 e 60 e considérase a gran teoría unificadora das Ciencias da Terra, xa que explica unha gran cantidade de observacións xeolóxicas e xeofísicas dunha maneira coherente e elegante. A diferenza doutras ramas das ciencias, a súa concepción non se lle atribúe a unha soa persoa como é o caso de Newton ou Charles Darwin. Foi produto da colaboración internacional e do esforzo de talentosos xeólogos (Tuzo Wilson, Walter Pitman), xeofísicos (Harry Hess, Alan Cox) e sismólogos (Linn Sykes, Hiroo Kanamori, Maurice Ewing), que pouco e pouco foron aportando información acerca da estrutura dos continentes, as cuncas oceánicas e o interior da Terra.

Placas tectónicas no mundo editar

Actualmente existen as seguintes placas tectónicas na superficie da tierra con límites máis ou menos definidos, que se dividen en 15 placas maiores (ou principais) e 43 placas menores (ou secundarias).

As 15 placas maiores editar

 
As 15 placas tectónicas maiores.

As 43 placas menores editar

 
Mapa detallado que amosa as placas tectónicas cos seus vectores de movemento.

Límites de Placas editar

Son os bordos dunha placa e é onde se presenta a maior actividade "tectónica" (sismos, formación de montañas, actividade volcánica) xa que é nestes, onde se dá a interacción entre placas. Hai tres clases de límite[5]:

  • Diverxentes: son límites en que se engade novo material cortical á placa (p.e. cordilleira central do Atlántico)
  • Converxentes: son límites onde se destrúe o fondo oceánico e é reciclado ó interior do manto. Estes límites forman zonas de subdución (p.e a zona de Subdución de Chile onde a placa de Nazca penetra o manto por debaixo da placa de América do Sur).
  • Transformantes: son límites nos cales unha placa se desliza ó lado doutra sen a adición nin destrución de nada.

Medición da velocidade das placas tectónicas editar

A medición actual da velocidade das placas tectónicas realízase mediante medidas precisas de GPS.

A velocidad antiga das placas obtense mediante a restitución de cortes xeológicos (na codia continental) ou mediante a medida da posición das inversións do campo magnético terrestre rexistradas no fondo oceánico.

Notas editar

  1. Strahler, Arthur N. (1992). "11". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 209–301. ISBN 84-282-0770-4. 
  2. Agueda Villar, José A.; Anguita Virella, Francisco; Araña Silvestre, Vicente; Lopez Ruiz, José; Sanchez de la Torre, Luis. "8. Tectónica de placas". Geología (en castelán). Madrid: Rueda. pp. 205–12. ISBN 84-7207-009-3. 
  3. Strahler, Arthur N. (1992). "10". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 272–6. ISBN 84-282-0770-4. 
  4. Strahler, Arthur N. (1992). "10". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. p. 280. ISBN 84-282-0770-4. 
  5. Anguita Virella, Francisco; Moreno Serraño, Fernando (1991). Procesos geológicos internos (en castelán). Madrid: Rueda. pp. 20–22. ISBN 978-84-7207-063-9. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar