Tattvachintāmaṇi

Tratado de lóxica e epistemoloxía

Tattvachintāmaṇi (sánscrito: तत्वचिन्तामणि; IAST: Tattvachintāmaṇi; "A xoia do pensamento sobre a natureza das cousas") é un tratado de lóxica e epistemoloxía do filósofo indio Gaṅgeśa (s. XIV).[1] Tamén se coñece polo nome de Pramāṇachintāmaṇi ("A xoia do pensamento sobre os medios válidos de coñecemento").[2]

Tattvachintāmaṇi
Título orixinalतत्वचिन्तामणि
Autor/aGaṅgeśa
OrixeIndia
LinguaSánscrito
Xénero(s)Filosofía
Data de pub.Século XIV
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A obra constitúe un punto de inflexión na historia da lóxica india. Segundo Vidyabhusana, o Tattvachintāmaṇi é a obra fundamental da navya-nyāya ("nova lóxica"), a escola representativa do período moderno.[2] O libro foi moi popular, como amosa a gran cantidade de comentarios elaborados sobre el.[2] O propio fillo de Gaṅgeśa, Vardhamana Mahopadhyaya, escribiu un dos comentarios máis relevantes.[2]

Contidos editar

O Tattvachintāmaṇi do navya-nyāya está dividido en catro libros ou khaṇḍas: o Pratyakṣakhaṇḍa ("Sobre a percepción"), o Anumānakhaṇḍa ("Sobre a inferencia"), o Upamānakhaṇḍa ("Sobre a comparación") e mais o Śabdakhaṇḍa ("Sobre o testemuño verbal").[3] O primeiro deles comeza cunha saudación á deusa Shiva.[2] A obra é unha exposición sistemática da epistemoloxía, a lóxica e a filosofía da linguaxe da navya-nyāya. Gaṅgeśa tamén aborda outro temas, como a demostración da existencia de deus.[4]

Notas editar

  1. Ganeri, Jonardon (2020). Zalta, Edward N.; Nodelman, Uri, eds. Analytic Philosophy in Early Modern India (Summer 2020 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Vidyabhusana, Satis Chandra (1920). A History of Indian Logic: Ancient, Mediaeval and Modern Schools (en inglés). Motilal Banarsidass. 
  3. Phillips, Stephen (2020). Zalta, Edward N., ed. Gaṅgeśa (Summer 2020 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  4. Ingalls, Daniel Henry Holmes (1951). Materials for the Study of Navya-nyāya Logic (en inglés). Motilal Banarsidass. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ganeri, J. (2023). Analytic Philosophy in Early Modern India. The Stanford Encyclopedia of Philosophy.
  • Ingalls, D.H.H. (1951). Materials for the Study of Navya-nyāya Logic. Motilal Banarsidass. ISBN 9788120803848
  • Phillips, S. (2020). Gaṅgeśa. The Stanford Encyclopedia of Philosophy.
  • Vidyabhusana, S.C. (1920). A History of Indian Logic: Ancient, Mediaeval and Modern Schools. Motilal Banasidass. ISBN 9788120805651

Ligazóns externas editar