Tatiana Nikolaevna Romanova
Tatiana Nikolaevna Romanova (en ruso: Татья́на Никола́евна), nada o 29 de maioxul./ 10 de xuño de 1897greg. e finada o 17 de xullo de 1918, foi unha gran duquesa de Rusia e segunda filla do tsar Nicolao II e a tsarina Alexandra Feodorovna.
Tatiana Nikolaevna Romanova | |
---|---|
Gran duquesa de Rusia | |
A gran duquesa Tatiana Nikolaevna en 1914. | |
Nacemento | 10 de xuño de 1897 Peterhof, San Petersburgo, Imperio ruso |
Falecemento | 17 de xullo de 1918 (21 anos) Casa Ipatiev, Ekaterimburgo, RSFS de Rusia |
Sepultura | Catedral de san Pedro e san Paulo, San Petersburgo Rusia |
Proxenitores | Nicolao II de Rusia Alix de Hesse-Darmstadt |
Na rede | |
Traxectoria editar
Durante a primeira guerra mundial dirixiu o comité da Cruz Vermella e do mesmo xeito que a súa irmá máis vella, a gran duquesa Olga, atendeu soldados feridos nun hospital militar de 1914 a 1917, ata que foi detida xunto coa súa familia tras a Revolución rusa.
Foi asasinada por revolucionarios comunistas o 17 de xullo de 1918, o que motivou que fose nomeada «portadora da paixón» pola igrexa ortodoxa rusa, un cualificativo que define a unha persoa que enfronta a súa morte de maneira semellante a Cristo. Ademais de Olga, tiña dúas irmás máis novas, María e Anastasia, e un irmán máis novo, o tsarévich Aleksei. Por moito tempo rumoreouse falsamente que as irmás sobreviviran á execución e ducias de impostoras pretenderon ser as fillas do tsar. O escritor Michael Occleshaw especulou que unha muller chamada Larissa Tudor podería ser Tatiana; con todo, todos os Romanov foron asasinados polos bolxeviques.
Devanceiros editar
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tatiana Nikolaevna Romanova |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |