Tasmania[1][2] é unha illa e un estado de Australia, en Oceanía. Está localizada a 240 km ao sueste do continente, separada polo estreito de Bass. Tasmania ten unha poboación de 519.100 habitantes (cálculo de xuño de 2016) e unha área de 68.332 km².

Modelo:Xeografía políticaTasmania
Imaxe

Nomeado en referencia aAbel Tasman Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°S 147°L / -42, 147Coordenadas: 42°S 147°L / -42, 147
EstadoAustralia Editar o valor em Wikidata
CapitalHobart Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación539.590 (2020) Editar o valor em Wikidata (7,89 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie68.401 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.009 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Ossa (pt) Traducir (1.617 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación3 de decembro de 1825 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
• Governor of Tasmania (en) Traducir Editar o valor em WikidataBarbara Baker (en) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivooffice of the Premier of Tasmania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Premier of Tasmania (en) Traducir Editar o valor em WikidataJeremy Rockliff (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Tasmania (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Tasmania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico03 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2AU-TAS Editar o valor em Wikidata

Páxina webtas.gov.au Editar o valor em Wikidata
Tasmania
Vista desde satélite
Localización de Tasmania
Situación
PaísAustralia Australia
MarOcéano Pacífico
Xeografía
Superficie68.401 km²
Punto máis alto1.617 m. Mount Ossa
Distancia a terra240 km.
Demografía
CapitalHobart
Poboación519.100 hab. (2016)
Densidade7´74 hab/km² hab./km²

A capital e cidade máis grande é Hobart, que inclúe as cidades de Hobart, Glenorchy, e Clarence. Outras cidades son Launceston no norte, e Devonport e Burnie en noroeste.

Historia editar

Artigo principal: Historia de Tasmania.

Crese que a illa estivo unida a Australia ata o final da última glaciación hai uns 10.000 anos, cando unha suba no nivel do mar separou a Tasmania do resto do territorio. Para entón, Tasmania xa estaba habitada polos denominados aborixes tasmanianos, que se asentaron na zona hai cando menos 35.000 anos, quizais hai 43.000 anos. No momento da colonización británica, en 1803, había entre 5.000 e 10.000 aborixes en Tasmania, pero o seu número viuse pronto reducido por unha política sistemática de marxinación e exterminio e polas enfermidades, ata o punto de desaparecer.

O primeiro europeo en habitar a illa foi o explorador neerlandés Abel Tasman, o 24 de novembro de 1642. Tasman bautizouna co nome de Anthoonij van Diemenslandt en honra do patrocinador da súa viaxe, o gobernador xeral da Compañía Holandesa das Indias Orientais Antonio van Diemen. Máis tarde, os británicos acurtarían o nome a Terra de Van Diemen (Van Diemen's Land).

O capitán James Cook pasou pola zona en 1777, aínda que o primeiro asentamento británico non se estableceu ata 1803. Este foi fundado en Risdon Cove por un pequeno grupo proveniente de Sydney e baixo o mando do tenente John Bowen. Ao ano seguinte, creouse un asentamento alternativo en Sullivan's Cove, na ribeira occidental do río Derwent, onde a auga fresca era máis abundante. Este último asentamento sería coñecido como Hobart Town ou Hobarton (a actual Hobart) en honra do entón secretario das colonias británico Lord Hobart. O asentamento en Risdon foi posteriormente abandonado.

Os primeiros colonos foron, na súa meirande parte, presidiarios e os seus gardiáns militares. Pronto foron creándose varias colonias penais pola illa, entre as que destacaron pola súa dureza e rigor as de Port Arthur e Macquarie Harbour.

A Terra de Van Diemen foi declarada colonia independente da de Nova Gales do Sur o 3 de decembro de 1825.

Xeografía editar

Artigo principal: Xeografía de Tasmania.
 
Hobart, capital de Tasmania.

Tasmania estivo unida ao continente australiano ata hai 13.000 anos e tras a suba do nivel das augas esta quedou illada, creándose o estreito de Bass. O seu relevo é montañoso. O monte Ossa ten unha altitude de 1.617 m e é a cima máis alta de Tasmania. Os ríos son de curso rápido e axuntado coas altas precipitacións presentan as condicións ideais para a instalación de centrais hidroeléctricas.

A illa posúe un clima tépedo, estable e húmido.

Goberno editar

A forma do goberno de Tasmania esta prescrita na súa Constitución, a cal data desde o ano 1856, que con todo foi emendada en varias ocasións. Desde 1901, Tasmania é un estado da Mancomunidade de Australia, de forma que a Constitución Australiana regula a súa relación coa Mancomunidade, e establece o nivel de goberno que goza.

Economía editar

Os principais recursos económicos son as explotacións mineiras (cobre, cinc, estaño, ferro), a agricultura, as explotacións forestais e o turismo.

Animais autóctonos editar

 
Demo de Tasmania.

A illa de Tasmania foi reduto dalgúns marsupiais extinguidos en Australia ou Nova Guinea. O animal máis coñecido dos animais actualmente existentes da illa é o chamado demo de Tasmania Sarcophilus harrisii, actualmente en perigo de extinción.

Aínda que o máis famoso deles segue sendo o tigre de Tasmania ou tilacino Thylacinus cynocephalus, extinto en 1936, tras anos de sobrecaza, e que aínda hoxe é un reclamo turístico da illa, aparecendo ata no seu escudo de armas.

Outro mamífero característico é o pequeno boodye, que vive nos bosques tépedos. É un marsupial nocturno, moi tímido e aliméntase de toda clase de cousas, ata carne.

A introdución recente de raposos (detectáronse os primeiros exemplares salvaxes en 2001) supón un perigo para moitas especies nativas de marsupiais, réptiles e aves. A presenza de seres humanos provocaría a extinción da megafauna (por exemplo o canguro xigante) plistocénica de Tasmania hai uns 35.000 anos.

Notas editar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. "Tasmania". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2008.