Tarxeta intelixente

cartón cun chip no que se pode almacenar información

Unha tarxeta intelixente (smart card), ou cartón intelixente, ou tarxeta con circuíto integrado (TCI), é unha tarxeta ou cartón que inclúe un chip no que se pode almacenar información. Aínda que existe un amplo rango de tarxetas dispoñibles, as tarxetas intelixentes divídense en dous grandes grupos: as que contan con memoria, e as que ademais de memoria teñen procesador.

Un dos primeiros prototipos de tarxeta intelixente, realizado polo seu inventor Roland Moreno en 1975. Demostra como, nunha tarxeta intelixente, cada "pata" do microcircuíto (no centro) está conectada cun contacto (elementos dourados) que a relaciona co mundo exterior.
Tarxeta intelixente Bull con microcircuíto monochip (1983).

Normalmente, as tarxetas intelixentes que non van embebidas en dispositivos, teñen o aspecto e as dimensións dunha tarxeta de crédito. Ademais destas tarxetas, existen tarxetas intelixentes máis pequenas que se empregan en dispositivos como teléfonos móbiles ou axendas (tarxetas SIM e GSM, por exemplo).

Historia editar

As tarxetas intelixentes foron inventadas e patentadas nos anos setenta do século XX. Existen algunhas discusións acerca de quen é o inventor orixinal; entre os que se atopan o alemán Jürgen Dethloff, o nipón Arimura e o francés Roland Moreno. O primeiro uso masivo de tarxetas intelixentes foi para o pago en teléfonos públicos en Francia no 1983.

Roland Moreno patentou o concepto de tarxeta de memoria en 1974. En 1977, Michel Ugon, traballando para Bull, inventou a primeira tarxeta intelixente con microprocesador. En 1978, Bull patentou o SPOM (Self Programmable One-chip Microcomputer) que define a arquitectura necesaria para autoprogramar o chip. Tres anos máis tarde, o primeiro "CP8" baseado nesa patente foi producido por Motorola. No 2006, Bull tiña rexistradas 1200 patentes relacionadas con tarxetas intelixentes.

O segundo momento chave no uso das tarxetas intelixentes foi a integración de microchips en tódalas tarxetas de débito francesas, que tivo lugar en 1992. A partir de mediados da década dos 90 do século XX, foron probados en Europa multitude de sistemas de moedeiros electrónicos baseados en tarxetas intelixentes. O maior aumento no uso das tarxetas intelixentes chegou nos noventa, coa introdución das tarxetas SIM, usadas nos teléfonos móbiles GSM europeos. Estas tarxetas están moi estendidas na actualidade.

As empresas MasterCard, Visa e Europay chegaron a un acordo en 1993 para traballar conxuntamente no desenvolvemento das especificacións de uso das tarxetas intelixentes en tarxetas de pago, tanto de crédito como de débito. A primeira versión do sistema EMV foi desenvolta en 1994. En 1998 estaba dispoñible unha versión estable. EMVco, a empresa responsable do mantemento do sistema a longo prazo, incrementou a especificación no 2000, e máis recentemente no 2004. O obxectivo de EMVco é asegurar ás institucións financeiras e ós distribuidores que as especificacións serán compatibles cara a atrás coa versión de 1998.

As tarxetas intelixentes con interfaces sen contacto estanse a transformar nun medio popular para aplicacións de pago coma o transporte público. Estándares deste tipo de interoperabilidade foron publicados no Reino Unido (ITSO) e Europa (IOPTA).

As tarxetas intelixentes tamén son usadas na identificación do persoal das diferentes empresas. Tarxetas de identificación, licenzas de conducir están indo a máis, e as tarxetas intelixentes sen contacto xa están a ser integradas en pasaportes ICAO para asegura-la seguridade nas viaxes internacionais.

Tipos editar

Tarxeta Intelixente de Contacto editar

A serie de estándares ISO/IEC 7816 e ISO/IEC 7810 definen:

  • a forma física.
  • a posición das formas dos conectores eléctricos.
  • as características eléctricas.
  • os protocolos de comunicación.
  • o formato dos comandos enviados á tarxeta e as respostas retornadas pola mesma.
  • robustez da tarxeta.
  • funcionalidade.

As tarxetas non conteñen baterías; a enerxía lles é subministrada polos lectores de tarxetas. Estes son empregados coma un medio de comunicación entre a tarxeta e un anfitrión, como por exemplo un computador.

Tarxetas Intelixentes sen Contacto editar

O segundo tipo é a tarxeta intelixente sen contacto na que o chip comunícase co lector de tarxetas mediante indución a unha taxa de transferencia de 106 a 848 Qb/s).

O estándar de comunicación destas tarxetas é o ISO/IEC 14443 do ano 2001. Define dous tipos de tarxetas sen contacto ("A" e "B"), permitidos para distancias de comunicación de ata 10 cm. Houbo varias propostas para a ISO 14443 tipos C, D, E e F que aínda teñen que remata-lo proceso de estandarización. Un estándar alternativo de tarxetas intelixentes sen contacto é o ISO 15693, o cal permite a comunicación a distancias de ata 50 cm.

Un exemplo do amplo uso destas é a tarxeta Octopus en Hong Kong, que emprega o estándar anterior ao ISO/IEC 14443. A seguinte táboa mostra as tarxetas intelixentes usadas no transporte público.

 
Tarxeta intelixente sen contacto empregada para pagar o transporte público en Helsinqui.
Lugar Tarxeta Provedor Introdución
Hong Kong Octopus
Malaisia Touch 'n Go Teras Technologi Sdn Bhd 1997
Washington, D.C. SmarTrip Cubic Transportation Systems[1] 1999
Taipei EasyCard Taipei Smart Card Corporation[2] marzo de 2000
Nottingham EasyRider Nottingham City Transport setembro de 2000
Singapur EZ-Link 2001
París Navigo card outubro de 2001
Toquio Tarjeta Suica JR East novembro de 2001
Santiago de Chile Multivía Metro de Santiago 2003
Chicago Chicago Card[3] Chicago Transit Authority 2002
Nagasaki Nagasaki Smart Card xaneiro de 2002
Londres Oyster card Transport for London xaneiro de 2004
Dublín Luas ITS marzo de 2005
Minneapolis Go-To card Metro Transit (Minnesota)
Perth SmartRider Transperth e Wayfarer xaneiro de 2006
Boston Charlie Card Massachusetts Bay Transportation Authority 2006
Melbourne 2007
Toronto GTA Farecard GO Transit 2007
Guernsey Multi Journey "Wave & Save" Island Coachways
São Paulo Bilhete Unico Prefeitura de São Paulo 2004
San Francisco TransLink Metropolitan Transportation Commission en probas dende 2002

Unha tecnoloxía sen contacto relacionada é a RFID (identificación por radio frecuencia - Radio Frequency IDentification). Nalgúns casos pode ser utilizado para aplicacións semellantes ás tarxetas intelixentes sen contacto, como a peaxe electrónica. As RFID polo xeral non inclúen memoria de escritura ou micro controladores como as tarxetas intelixentes sen contacto.

Existen tarxetas con interfaces duais que implementan as interfaces sen contacto e con contacto con algo de almacenamento compartido e procesamento. Un exemplo é a tarxeta de identificación chamada MyKad en Malaisia, que usa un chip Proton de contacto e un chip sen contacto MIFARE (ISO 14443A).-->

Aplicacións editar

As aplicacións das tarxetas intelixentes inclúen o seu uso coma tarxeta de crédito, SIM para telefonía móbil, tarxetas de autorización para televisión por pago, identificación de alta seguridade, tarxetas de control de aceso e como tarxetas de pago do transporte público.

As tarxetas intelixentes tamén son empregadas como un moedeiro electrónico. O chip da tarxeta intelixente pode ser cargado con diñeiro e poden ser utilizados en parquímetros, máquinas expendedoras e outros mercados. Protocolos criptográficos protexen o intercambio de diñeiro entre a tarxeta intelixente e a máquina receptora.

Notas editar

  1. Cubic Transportation Systems
  2. "Taipei Smart Card Corporation". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  3. "Chicago Card". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2018. Consultado o 30 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar