«Tarantula»
sinxelo de The Smashing Pumpkins
do álbum Zeitgeist
Lanzamento 21 de maio do 2007 (iTunes)
Formato {{{formato}}}
Gravada 2007
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:51
Discográfica Reprise Records
Produtor(es) Billy Corgan e Jimmy Chamberlin
Escritor(es) Billy Corgan
Cronoloxía
«"Untitled «Tarantula» «"That's The Way (My Love Is)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Tarantula" é unha canción de The Smashing Pumpkins. Foi o primeiro sinxelo do seu sétimo álbum, Zeitgeist, e a súa primeira edición dende a súa reunión no ano 2006.

Un fragmento de 30 segundos puido escoitarse por vez primeira o día 14 de maio do 2007. O tema emitiuse na súa totalidade na radio o 18 de maio, na súa estrea na emisora KROQ. Sería filtrada a Internet pouco despois. O 21 de maio do 2007 o sinxelo foi editado en iTunes para os Estados Unidos, e o día seguinte no Reino Unido e no Canadá. Nesa data o tema foi tocado por primeira vez en directo en París, no primeiro concerto da banda en sete anos.

Billy Corgan mencionou durante un concerto o 5 de xuño en Berlín que "Tarantula" foi titulada así honrando a banda alemá Scorpions, coa cal Corgan colaborara recentemente co seu tema "The Cross".

O 2 de xullo editouse en CD e en 7" no Reino Unido contendo a cara-b "Death From Above". Ambas as portadas teñen unha fotografía en branco e negro de Paris Hilton agarrando un BlackBerry coa capa do álbum Zeitgeist na súa pantalla, e unha imaxe dunha nube en forma de cogumelo no fondo.

Lista de cancións editar

  1. "Tarantula" - 3:51
  2. "Death from Above" 4:06
  3. "Zeitgeist" 2:49 (canción extra na edición holandesa)