Pobo tarahumara

(Redirección desde «Tarahumara»)

Os tarahumaras[1] ou rarámuris son un pobo nativo de México especialmente coñecidos pola súa gran habilidade como corredores de longa distancia. Orixinalmente habitaron en case todo o estado de Chihuahua, mais retiráronse ás serras altas como Serra Madre Occidental coa chegada dos españois no século XVI.[2] A área de Serra Madre Occidental que habitan no presente é chamada tamén Serra Tarahumara por mor da súa presenza.

Pobo tarahumara
Tarahumaras na vila de Tuaripa, (Chihuahua, 1892).
Poboación
Poboación total:
Total: 121 835
Rexións principais:
México121 835
Aspectos culturais
LinguaLingua tarahumara
RelixiónAnimismo, igrexa nativa americana e catolicismo
Grupos
relacionados
Suma, guarijio, huichol, tepehuán, mayo, apache e yaqui

A maioría dos tarahumaras viven aínda segundo o estilo tradicional, habitando en refuxios naturais como covas ou cantís, así como pequenas cabanas de madeira ou pedra. Os cultivos básicos son o millo e os feixóns; porén, moitos tarahumaras aínda practican a transhumancia, criando vacas, cabras e ovellas.

A lingua tarahumara pertence á familia das linguas uto-aztecas. Malia que o seu uso está a descender pola presión da lingua castelá, aínda é falada pola maioría.

Notas editar

  1. "Entrada tarahumara en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  2. Pennington, Campbell W. (1963) The Tarahumar of Mexico, their environment and material culture. Universuty of Utah Press.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar