Coordenadas: 15°51′10″S 173°44′45″O / -15.852777777778, -173.74583333333

Tafahi
Vista da illa
Vista desde satélite de Tafahi, ao norte de Niuataputapu
Datos
Capital
País Tonga
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (1996) 12 hab.
Superficie 3,42 km²
Densidade
Maior altura 610 m
Localización
Localización

Tafahi, (Cocos) é unha illa do grupo Niuas, no reino de Tonga. Está situada a 7 km ao norte de Niuatoputapu.

A illa é un estratovolcán de forma cónica que se eleva ata os 610 metros. O volcán non está activo e non se teñen rexistros históricos de erupcións, pero a súa morfoloxía é nova. Está cuberta de vexetación, especialmente de cocos.

Tafahi foi descuberta polos holandeses Le Maire e Schouten en 1616, e a chamaron Cocos Eylandt. En 1767 chegou o inglés Samuel Wallis que a denominou Boscawen's Island en honra ao almirante Edward Boscawen con quen navegara como primeiro lugartenente.