Tadao Ando

arquitecto xaponés

Tadao Ando (en xaponés 安藤忠雄 Andō Tadao), nado en Osaca o 13 de setembro de 1941, é un arquitecto xaponés cuxo estilo arquitectónico se clasifica ás veces coma Critical Regionalism (Rexionalismo Crítico).

Tadao Ando
Nacemento13 de setembro de 1941
Lugar de nacementoMinato-ku
NacionalidadeXapón
Alma máterUniversidade de Artes de Osaka
Ocupaciónboxeador, arquitecto, profesor universitario e construtor
Coñecido porHonpukuji e Row House in Sumiyoshi
PremiosMedalla de Ouro do RIBA, Premio Pritzker, Orden da Cultura, Premio Alvar Aalto, Praemium Imperiale, Pessoa de Mérito Cultural, Asahi Prize, Kyoto Prize in Arts and Philosophy, Japan Art Academy Prize, Grand Officer of the Order of the Star of Italy, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, Carlsberg Architectural Prize, Oficial das Artes e das Letras, Comendador das Artes e as Letras e comendador da Lexión de Honor
Na rede
http://www.tadao-ando.com
IMDB: nm0027955 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Museo de Arte Moderna, Fort Worth.

Traxectoria editar

Traballou coma camioneiro e boxeador antes de ser arquitecto e sen contar coa formación académica da profesión, é un dos arquitectos xaponeses con máis recoñecemento dentro e fóra do seu país. Foi galardoado co Premio Pritzker no ano 1995.

Traballa primeiramente con formigón para encofrados "in situ", sendo recoñecido o seu traballo por unha exemplar artesanía que invoca o sentido xaponés de materialidade, unión e narrativa espacial a través da simple estética do modernirmo internacional. Os seus edificios caracterízanse por complexos camiños tridimensionais. Estes camiños líganse entre espazos exteriores e interiores, formados ambos a grande escala xeométrica e nos espazos entre eles.

No ano 1969 estableceu a firma Tadao Ando Architects & Associates.

A súa "Row House" (Casa en fila), unha pequeda casa de dous plantas, feita con formigón in situ e rematada no ano 1976, é un dos seus primeiros traballos que amosa elementos do seu característico estilo. Consiste en tres volumes rectangulares iguais: dous volumes interiores separados por un patio aberto. Pola natureza da posición do patio entre os dous volumes interiores, este convértese nunha parte integral do sistema de circulación da casa.

No 1995, Ando gañou o prestixioso Premio Priztker da Arquitectura. Doou os 100.000 dólares aos nenos orfos do terremoto de Kobe dese mesmo ano.

Principais proxectos editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Modelo:PremiosPritzker