Tabaqueira anatómica

Tabaqueira anatómica é un termo anatómico que define unha depresión triangular situada na zona posteromedial do pulso e do primeiro metacarpiano. Está formada polos tendóns extensores que se dirixen ao dedo polgar. O seu nome débese a que neste punto era onde clasicamente se apoiaba o tabaco en po ou rapé, que se inhalaba polo nariz. A base do triángulo está no pulso e o vértice diríxese ao polgar. É máis evidente se se estira o dedo.

A arteria radial segue un curso oblicuo pola tabaqueira anatómica, situada nun plano fondo aos tendóns dos extensores do polgar, e adxacente ao escafoide e ao trapecio.

As zonas terminais da rama superficial da arteria radial sitúanse nun plano subcutáneo na tabaqueira, ao igual que a orixe da vea cefálica, do arco venoso dorsal da man.

Véxase tamén editar

Imaxes editar