TV5 Monde é unha canle internacional de televisión que ofrece programación en lingua francesa.

Historia editar

Iniciou as súas emisións o 2 de xaneiro de 1984. Chamada TV5 ata 2006 cando toma a súa actual denominación TV5 Monde para salientar o seu enfoque mundial. TV5 Monde é a cuarta canle de televisión global máis grande despois de MTV, CNN e BBC World. A maior parte da programación son noticias, documentais, programas de interese xeral e películas.

A maior parte do seu contido provén dos servizos de televisión pública da francofonía. Estes son:

O número cinco refírese aos cinco primeiros provedores e fundadores: TF1, Antenne 2 (hoxe France 2), FR3 (hoxe France 3), Télévision Suisse Romande e RTBF. En 1986 úneselles un consorcio do Quebec canadense (CTQC) formado por Radio-Canada e Télé-Québec. TF1 deixa de participar no ano 1987 a raíz da súa privatización.

As transmisións divídense en oito sinais rexionais satelitais: África, América Latina, Asia, os Estados Unidos, Europa, Francia/Bélxica/Suíza, Oriente (transmitidas dende París) e o Quebec/Canadá (dende Montreal). Os seus programas están subtitulados en dez linguas.

Difusión editar

Está dispoñible en toda Europa a través dos satélites Astra e Hotbird e a través da maioría dos operadores de cable (TV5 Monde Europe). É unha canle moi seguida en Galicia polos galegos que viviron en Francia e na Suíza romanda e que retornaron á terra de orixe (Galicia).

Presidentes editar

  • Jean Stock: 1988-2001
  • Serge Adda: 2001-2005
  • Jean-Jacques Aillagon: 2005-2006
  • François Bonnemain: desde 2006

Accionistas editar

Os accionistas de TV5 Monde son:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar