Türk Telekom Arena

Coordenadas: 41°06′12″N 28°59′28″L / 41.103388888889, 28.991

O Türk Telekom Arena é un estadio localizado no distrito de Şişli, ao norte de Istambul, no estado de Turquía, no que xoga como local o Galatasaray SK. O recinto ten capacidade para acoller a 52.652 persoas nas bancadas.

Türk Telekom Arena
[[File:UEFA
|285px]]
Fachada do estadio.
Datos
LocalizaciónIstambul, Turquía
Construción
Inauguración15 de maio de 2011
ArquitectoMete Arat
Custo 160.000.000
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade52.652 (nacional)
55.000 (internacional)
PropietarioAEG GmbH
LocalíaGalatasaray

Historia editar

En 2006 foi inaugurado o novo estadio do Fenerbahce (máximo rival do Galatasaray), o Şükrü Saracoğlu Stadium, con capacidade para acoller mais de 50.000 seareiros. Aquela obra provocou que o Galatasaray sentise a necesidade de facer o mesmo que o seu rival, xa que no seu estadio, o Ali Sami Yen, só collían 23.477 persoas.

Nuns primeiros intres houbo propostas para derrubar o vello recinto e construír un novo estadio mais grande e moderno no mesmo sitio. Non obstante, viuse que esa opción non era posible, xa que non había espazo abondo. O 11 de maio de 2007 anunciouse o plan para construír un novo estadio en Şişli, o distrito financeiro mais importante da cidade e do país.

As obras remataron en 2010 e o estadio foi inaugurado o 15 de xaneiro de 2011 nun encontro amigable fronte o Ajax Amsterdam que rematou sen goles.

Características editar

O estadio Turk Telekom Arena foi construído cun tellado que se pode poñer ou quitar mecanicamente segundo conveña, característica que o fai idóneo para eventos como concertos. O primeiro concerto que se celebrou neste recinto foi o de Bon Jovi o 8 de xullo de 2011.

As medidas do campo de xogo son 105x68 metros. Nas bancadas collen 52.652 persoas, con 213 palcos vip. O estadio ten a súa propia estación de metro, e 3225 prazas de aparcadoiro.

O nome orixinal do estadio era Ali Sami Yen Spor Kompleksi, nome que aínda se emprega nos encontros pertencentes ás competicións da UEFA. Non obstante, no campionato turco o estadio recibe o nome Türk Telekom Arena por mor do acordo publicitario que asinaron o Galatasaray e a empresa turca de telecomunicacións Türk Telekom, un acordo por 10 anos e 10'25 millóns de dólares por ano.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar