Sylvia Earle
Sylvia Alice Earle, nada en Gibbstown (Nova Jersey) o 30 de agosto de 1935, é unha bióloga mariña, exploradora e escritora estadounidense. É a autora de numerosos documentais para National Geographic dende 1998. Earle foi a primeira científica xefa da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica e foi nomeada pola revista Time como o primeiro Heroe do planeta en 1998.[1] Dedicou a súa vida a estudar a situación dos océanos. Tamén colaborou no estudo dos danos causados por varias verteduras de petróleo producidos durante a primeira guerra do Golfo ou os provocados por petroleiros como o Exxon Valdez ou a plataforma petrolífera Deepwater Horizon. En 2018 recibiu o Premio Princesa de Asturias da Concordia[2][3]
Traxectoria editar
Despois de recibir o seu doutoramento en 1966, Earle pasou un ano como investigadora en Harvard, e logo regresou a Florida como directora residente do laboratorio Cape Haze Marine.[4] En 1969 solicitou incorporarse ao Proxecto Tektite, unha instalación a quince metros debaixo da superficie do mar fronte á costa das illas Virxes que permitiu aos científicos vivir mergullados na súa área de estudo durante varias semanas. A pesar de que rexistrara máis de 1000 horas de investigación baixo a auga, Earle foi excluída do programa. O ano seguinte, foi seleccionada para dirixir o primeiro equipo feminino de acuanautas en Tektite II.[5]
En 1992, Earle estableceu a compañía Deep Ocean Exploration and Research para avanzar en temas de enxeñaría mariña. A compañía, posteriormente dirixida por Elizabeth, filla de Earle, deseña, constrúe e opera equipos para ambientes de augas profundas.[6]
Experta no impacto dos derramamentos de petróleo, Earle foi convocada para dirixir varias viaxes de investigación durante a Guerra do Golfo en 1991 para determinar o dano ambiental causado pola destrución dos pozos petrolíferos kuwaitís por parte de Iraq. Dada a súa experiencia pasada cos derramamentos de petróleo do Exxon Valdez e Mega Borg, Earle foi convocada como consultora durante o desastre da Deepwater Horizon no golfo de México en 2010.
En 2010, na Conferencia Internacional Modelo das Nacións Unidas da Haia, Earle pronunciou un discurso de 14 minutos fronte a 3500 delegados e embaixadores das Nacións Unidas. En xullo de 2012, Earle dirixiu unha expedición ao laboratorio submarino Aquarius de NOAA, situado preto de Key Largo, Florida. A expedición, chamada "Celebrando 50 anos de vida baixo o mar", conmemorou o quincuaxésimo aniversario do proxecto Conshelf I de Jacques Cousteau e investigou os arrecifes de coral e a saúde dos océanos. Mark Patterson codirixiu a expedición con Earle. O seu equipo de acuanautas tamén incluíu o cineasta submarino D.J. Rodillo e o oceanógrafo M. Dale Stokes.[7]
Notas editar
- ↑ "Sylvia Earle, Oceanographer Information, Facts, News, Photos". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ "La oceanógrafa de National Geographic Sylvia Earle, Premio Princesa de Asturias de la Concordia". El Mundo (en castelán). 13 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ "Sylvia A. Earle - Premiados - Premios Princesa de Asturias - Fundación Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2018.
- ↑ "Sylvia Earle, PhD - NOGI". Academy of Underwater Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 2018.
- ↑ Collette, BB (1996). "Results of the Tektite Program: Ecology of coral-reef fishes.". In: MA Lang, CC Baldwin (Eds.) The Diving for Science…1996, "Methods and Techniques of Underwater Research" Proceedings of the American Academy of Underwater Sciences Sixteenth Annual Scientific Diving Symposium (Washington, D.C.: Smithsonian Institution). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o 2018.
- ↑ "About DOER Marine". DOER Marine. Consultado o 2018.
- ↑ "Celebrating 50 Years of Living Beneath The Sea". University of North Carolina Wilmington. 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2012. Consultado o 2018.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sylvia Earle |
Bibliografía editar
- Francesca Cavallo e Elena Favilli (2017). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. Editorial: Destino Infantil y Juvenil ISBN: 978-950-49-5870-3
- Irene Cívico, Sergio Parra e Núria Aparicio (ilustradora). Las chicas van donde quieren. 25 aventureras que cambiaron las historia Editorial Montena, 2019. ISBN: 978-84-1746-064-8
Ligazóns externas editar
- Sylvia Earle na páxina web de Oceánicas
- Mission Blue
- National Geographic Profile
- DOER Marine
- Sylvia Earle on Literati.net Arquivado 25 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- Get to Know a Frog, or a Worm, or a Fish Says Sylvia Earle, at SeniorWomenWeb
- Sylvia Earle interview by impactmania
- TED Prize Wish: Sylvia Earle's TED Prize wish to protect our oceans (TED2009)
- Lee, Jane J. (14 de xuño de 2013). "In Her Words: Sylvia Earle on Women in Science – News Watch (video)". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2019.
- World Economic Forum (8 de xuño de 2013) no YouTube
- World Ocean Day (6 de xuño de 2013). Blue Heart:an interview with Dr. Sylvia Earle no YouTube