Swæfberht de Kent

Swæfberht foi un rei de Kent, que reinou conxuntamente con Oswine, e posibelmente tamén con Swæfheard, durante o século VII.

Infotaula de personaSwæfberht de Kent
Nome orixinal(ang) Swæfberht Editar o valor em Wikidata
Biografía

Traxectoria editar

Swæfberht emitiu un documento sen data do que foi testemuña Oswine, e é probabelmente o Gabertus que actuou como testemuña nun documento emitido por Oswine en xullo de 689. A miúdo confúndese con Swæfheard debido aos seus nomes similares e as súas datas similares, pero o feito de haber varios reis a un tempo era algo habitual na Inglaterra anglosaxoa, especialmente en Essex, de onde era orixinario Swæfheard.