Suspensión de bésta

A suspensión de bésta é un sistema de amortecemento empregado en vehículos. No presente é empregado eminentemente por vehículos pesados. Poderíase resumir a súa función como a dun resorte plano que permite unha gran variedade de formas de instalación.

Descrición editar

A bésta é un conxunto elástico realizado con láminas de aceiro da mesma composición que o empregado para os resortes helicoidais noutros sistemas de suspensión, é dicir, aleado con silicio e manganeso. Esta composición máis o seu especial forxado e amorne permiten a estas láminas dobrarse baixo a acción dunha forza, retornando á súa posición inicial tras o cesamento da mesma.

As láminas de aceiro que compoñen a bésta reciben o nome de follas, e a súa lonxitude sempre é diferente respecto ás contiguas, de maior a menor. As follas mantéñense unidas mediante un orificio central común a todas elas, atravesado por un parafuso chamado parafuso capuchino. O conxunto da bésta únese ao bastidor do vehículo mediante a folla máis longa, usualmente situada na posición máis alta. Esta folla recibe o nome de folla mestra, e os seus extremos están curvados tomando unha forma cilíndrica para permitir o seu encaixe no bastidor. Estes extremos curvados denomínanse ollos, sendo habitual conectar polo menos un deles ao bastidor mediante un arco separador -shackle- que absorba as variacións de lonxitude das béstas a medida que as súas follas se comprimen.

Para manter a aliñación das follas, ademais do parafuso capuchino central disponse de varias bridas en U que impiden o desaliñado durante o proceso de absorción de golpes do sistema de suspensión. Estas bridas chámanse abarcóns.

Tipos editar

Nas seguintes imaxes amósanse os diferentes tipos de béstas:

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • de Castro, Miguel (2005). 4x4: manual del mecánico. Ediciones CEAC. pp. 123–124. ISBN 8432911666.