Susan Brownell Anthony, nada en Adams,Massachusetts, o 15 de febreiro de 1820 e finada en Rochester, Estado de Nova York, o 13 de marzo de 1906, foi unha reformadora e sufraxista norteamericana.[1]

Susan B. Anthony
Nome completoSusan Anthony
Nacemento15 de febreiro de 1820
Lugar de nacementoAdams (Massachusetts)
Falecemento13 de marzo de 1906
Lugar de falecementoRochester
CausaInsuficiencia cardíaca e pneumonía
SoterradaParís
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónactivista polos dereitos das mulleres, Activista polos dereitos humanos, abolicionista, escritora, activista polos dereitos civís, feminista e sufraxista
PaiDaniel Anthony
NaiLucy Read
IrmánsDaniel Read Anthony, Mary Stafford Anthony e Jacob Merritt Anthony
PremiosNational Women's Hall of Fame
Na rede
Musicbrainz: aa2d577c-486b-4a3b-81bb-28ad8ca145db WikiTree: Anthony-14 Find a Grave: 31 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De familia cuáquera naceu en Massachusetts, pero pouco despois do seu nacemento a súa familia moveuse ao estado de Nova York, e a partir de 1845 residiu en Rochester.

 
Anverso do coñecido como dólar Susan B. Anthony, que amosa o seu busto (deseño: Frank Gasparro)

Estudou na pequena escola do seu pai, e entre 1837 e 1857 foi mestra en varias escolas. Na década anterior á Guerra Civil Americana, tivo un papel prominente nos movementos antiescravistas e antialcohólicos de Nova York, organizou en 1852 a primeira sociedade estatal de mulleres antialcohólica en América, e en 1856 converteuse na representante para o estado de Nova York da Sociedade Antiescravista de América.

A partir de 1854 dedicouse en exclusiva á defensa dos dereitos da muller, avogando pola completa igualdade de sexos. Entre 1868 e 1870 foi a propietaria do semanario, The Revolution.

Axudou a fundar a Asociación Sufraxista Estadounidense, da que foi primeiro vicepresidenta 1869-1892 e logo presidenta (1892-1900).[2]
En colaboración con Stanton, Matilda Joslyn Gage e Ida Husted Harper, publicou The History of Woman Suffrage (18841887).

Notas editar

  1. "Susan B. Anthony | Biography, Accomplishments, Dollar, Suffrage, & Facts | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2021-12-13. 
  2. «Susan B. Anthony, luchando por votar Arquivado 13 de decembro de 2021 en Wayback Machine.». www.diarioelinforme.com.ar. 16 de marzo de 2020. Consultado el 15 de febrero de 2021.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar