Supermartes

programa concurso emitido na Televisión de Galicia

Supermartes foi un programa concurso emitido na Televisión de Galicia entre 1992 e 2005. Desde 1996 o programa emitiuse en directo. En total graváronse 635 edicións.

Supermartes
Duración 180 minutos
Presentado por Xosé Manuel Piñeiro
Cadea TVG

Descrición editar

Baseado no formato do popular show televisivo Sábado gigante da televisión chilena,[Cómpre referencia] o programa tiña diferentes probas ("O mentireiro verdadeiro", "Asalto á fama"…) das que se escollía un finalista que participaba na proba final ("Superprendas"). O gañador pasaba logo a un panel do que saían os premios. Na realización das probas participaban personaxes galegos coñecidos.

O programa era presentado por Xosé Manuel Piñeiro, coa voz en off de Gonzalo Faílde. O personaxe de Atilano, con aspecto de esqueleto, trataba de que os concursantes errasen.

Outras versións editar

En 2002 estreouse unha versión na televisión andaluza.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar