Super Game Boy

periférico para a videoconsola SNES

O Super Game Boy (スーパーゲームボーイ Sūpā Gēmu Bōi?) é un accesorio que permite que os cartuchos de Game Boy poidan ser xogados na consola Super Nintendo Entertainment System. Lanzado en xuño de 1994, comercializouse por 59,99 dólares nos Estados Unidos[1] e por 49,99 libras no Reino Unido.[2]

Super Game Boy.

Características editar

Este periférico permite que os xogos monocromáticos de catro tons de gris sexan compatibles cun marco deseñado nos bordos da pantalla ou deseñar un marco propio empregando o control estándar ou o rato, ademais de liñas de código máis avanzadas que as da Game Boy estándar, como máis paletas de cores, maior velocidade e máis resolución. Un exemplo célebre foi o xogo The King Of Fighters '95 que aproveitou estas funcións cando se xogaba co Super Game Boy. Aínda cando Nintendo orixinalmente pensou lanzar ó mercado unha versión de Super Game Boy en consola e un adaptador para Super Nintendo / Super Famicom, só saíu ó mercado esta última e segunda versión da mesma.

Super Famicom editar

Super Game Boy 2 editar

No Xapón saíu un accesorio máis avanzado, Super Game Boy 2, cuxa mellora máis salientable foi a inclusión dunha saída para conectar o cable link e así xogar o modo multixogador e incluía un led verde indicando conexión co cable Link e un led vermello indicando o acendido. O motivo principal foi a febre Pokémon.

Notas editar

  1. "GamePro Labs" (PDF). GamePro (59) (IDG). xuño de 1994. p. 172. 
  2. "Nintendo Super Game Boy Super NES - Computing History". www.computinghistory.org.uk. Consultado o 2017-07-28. 

Véxase tamén editar