Suicidio entre mozos LGBT

Investigadores atoparon que nos Estados Unidos o suicidio entre mozos adolescentes lesbianas, gai, bisexuais, transxénero, e aqueles que non están seguros da súa sexualidade (LGBT) é comparativamente máis alto que entre a poboación xeral, principalmente debido á cultura heterocéntrica e a homofobia institucionalizada, incluíndo o uso da poboación LGBT como unha cuña política no esforzo por paralizar a legalización do matrimonio homosexual. A depresión, o sentimento de soidade, de incomprensión e o uso de drogas entre a poboación LGBT dos Estados Unidos víronse aumentar significativamente trala aprobación de leis nalgúns estados do país que discriminan a homosexuais.[1]

Informes e estudos editar

Approximately 25 percent of lesbian, gay and bisexual students and university employees have been harassed due to their sexual orientation, as well as a third of those who identify as transgender, according to the study and reported by the Chronicle of Higher Education.
Aproximadamente o 25% de estudantes e empregados universitarios lesbianas, gais e bisexuais foron acosados debido á súa orientación sexual, así como un terzo de aqueles que se identifican como transxénero, de acordo ó estudio mencionado no Chronicle of Higher Education.
LGBT Students Harassed At Colleges Nationwide, New Report Says , Huffington Post[2]
LGBT students are three times as likely as non-LGBT students to say that they do not feel safe at school (22% vs. 7%) and 90% of LGBT students (vs. 62% of non-LGBT teens) have been harassed or assaulted during the past year.
Os estudantes LGBT teñen unha probabilidade de sentirse inseguros na escola tres veces maior (un 22% fronte a un 7%) e o 90% dos estudantes LGBT (fronte a un 62% nos adolescentes non LGBT) foron acosados ou agredidos fisicamente durante o pasado ano [anterior ó estudo].

Ademais, «os estudantes LGBT tiñan unha maior probabilidade de plantexarse seriamente abandonar a súa institución [educativa] como resultado do acoso e a discriminación.» Susan Rankin, unha dos autores do informe de Miami, atopou que «de forma unívoca, o [informe] 2010 State of Higher Education for LGBT People («Estado da educación superior para persoas LGBT en 2010») demostra que os estudantes, profesores e empregados LGBTQ viven un ambiente "xeado" de acoso no campus e comunidades que son moito menos que acolledoras.[4]»[4]

Un informe do goberno dos Estados Unidos, titulado Report of the Secretary's Task Force on Youth Suicide («Informe do grupo de traballo do Secretario sobre o suicidio xuvenil»), publicado en 1989, atopou que os mozos LGBT teñen unha probabilidade catro veces maior de tentar suicidarse que outros mozos.[5] Esta maior incidencia de pensamentos suicidas, e de problemas mentais en xeral, entre adolescentes homosexuais en comparación cos seus compañeiros heterosexuais, foi atribuída á tensión producida por ser unha minoría.[6][7]

A pesar de que é imposible saber a porcentaxe de suicidios de mozos LGBT, debido a que a sexualidade e o xénero destas minorías moi a miúdo está oculto, especialmente nestas idades, o fenómeno está a ser estudado para explicar as causas concretas.[8][9][10] En 2004, 1985 adolescentes estadounidenses menores de 20 anos suicidáronse, un incremento do 18% respecto ó ano anterior.[11] «Máis de 34.000 persoas falecen por suicidio ó ano», converténdoa «na terceira causa de morte entre as persoas de 15 a 24 anos[,] con mozas lesbianas, gais e bisexuais tentando o suicidio catro veces máis frecuentemente que os seus compañeiros heterosexuais.»

En España tamén se dá a homofobia nas aulas, co perigo de suicidio que leva.[12][13][14] Nun estudo realizado pola federación COLEGAS entre 30.000 estudantes andaluces de ESO e Universidade, o «81% consideran que se un integrante da súa clase se definise en público como gai, lesbiana, bisexual ou transexual, sería discriminado».[15] Un estudo de COGAM (2008) mostra que no 31% dos agresores de homosexuais era un compañeiro de clase.[16]

Homofobia institucionalizada e internalizada editar

A homofobia institucionalizada e internalizada tamén pode levar ós mozos LGBT a non aceptarse e ter conflitos internos profundos sobre a súa orientación sexual.[17] Os mozos LGBT tamén son expulsados do seo familiar con relativa frecuencia a unha idade temperá, tras saír do armario.

A homofobia, independentemente de como se chegou a ela, pode ser a orixe do acoso escolar. Como se viu nos suicidios de nove mozos LGBTQ ocorridos en setembro de 2010 nos Estados Unidos, o acoso grave pode levar ó suicidio.[18] O acoso non ten porqué ser físico, se non que pode ser emocional, viral, sexual ou racial. O acoso físico adoita consistir en patadas ou puñadas, mentres que o «acoso emocional» consiste en insultos, creación de rumores e outros tipos de abuso verbal. O «abuso viral» ou «ciberacoso» inclúe o envío de textos ou mensaxes do tipo anterior en Facebook, Twitter ou outras redes de comunicación social. O «acoso sexual» adoita consistir en tocamentos, xestos e chistes obscenos; finalmente o «acoso racial» está relacionado cos estereotipos e a discriminación.[19]

O acoso escolar pode ser interpretado como un tipo de «rito de paso», pero diversos estudos mostraron que ten efectos físicos e psicolóxicos negativos. «Mozos pertencentes a minorías sexuais ou adolescentes que se identifican como gais, lesbianas ou bisexuais, son acosados dúas ou tres veces máis que os heterosexuais» e «case todos os estudantes transxénero foron acosados verbalmente (p.ex. insultados ou ameazados no ano anterior [ó estudo] debido á súa orientación sexual (89%) e á expresión do seu xénero (89%)», de acordo co estudo Harsh Realities, The Experiences of Transgender Youth In Our Nation’s Schools («Dura realidade, as experiencias de mozas transxénero nas escolas da nosa nación») do Gay, Lesbian and Straight Education Network.

O asunto foi fortemente discutido nos medios de comunicación nos últimos anos nos Estados Unidos, e máis aínda en setembro e outubro de 2010. O presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, realizou un vídeo na páxina web da Casa Branca como parte do proxecto It Gets Better. A primeira dama, Michelle Obama, atribuíu ese tipo de comportamento acosador ó exemplo que dan os pais, que na maioría dos casos, é seguido polos fillos.[20]

The Trevor Project editar

The Trevor Project (O proxecto Trevor) foi fundado polo escritor James Lecesne, a directora de cine e produtora Peggy Rajski e o produtor Randy Stone, creadores da curta Trevor, gañador do Óscar á mellor curta en 1994, sobre un mozo gai de 13 anos que, tras ser rexeitado polos seus amigos por mor da súa homosexualidade, trata de quitarse a vida.[21] Trátase dunha ONG dos Estados Unidos que xestiona a única liña telefónica especializada en mozos LGBTQ suicidas a nivel nacional, 24 horas ó día. O proxecto «ten como obxectivo acabar co suicidio entre mozos LGBTQ ofrecendo recursos para salvar vidas e apoiar a vida, incluíndo a nosa liña telefónica para salvar vidas 24 horas ó día 7 días á semana, unha comunidade dixital e programas educativos para crear un ambiente seguro, que apoie e positivo para todos.»[21]

Notas editar

  1. Mark L. Hatzenbuehler, MS, MPhil, Katie A. McLaughlin, PhD, Katherine M. Keyes, MPH and Deborah S. Hasin, PhD. "The Impact of Institutional Discrimination on Psychiatric Disorders in Lesbian, Gay, and Bisexual Populations: A Prospective Study". Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  2. "LGBT Students Harassed At Colleges Nationwide, New Report Says". Huffington Post (en inglés). 15 de setembro de 2010. Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  3. "Additional Facts About Lesbian, Gay, Bisexual, and Transgender Youth". The Trevor Project (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  4. 4,0 4,1 Campus Pride. "College study reveals 'chilly' campus climate toward lesbian, gay, bisexual transgender people [News release from Campus Pride]". Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  5. Marcia R. Feinleib (Ed.). "Report of the Secretary's Task Force on Youth Suicide". Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  6. "Definition of Bisexual suicide risk". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2011. Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  7. Meyer IH. "Prejudice, social stress, and mental health in lesbian, gay, and bisexual populations: conceptual issues and research evidence" 129 (5). PMC 2072932. PMID 12956539. doi:10.1037/0033-2909.129.5.674. 
  8. Dr. Gary Remafedi. "Sexual Orientation and Youth Suicide". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2006. Consultado o 2 de maio de 2010. 
  9. Philip A. Rutter & Emil Soucar. "Youth suicide risk and sexual orientation - Statistical Data Included". Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  10. Jeramy Townsley. "Articles Relating to Suicide by GLB Youth". Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  11. Lindsey Tanner. "Kids' suicides rise, CDC report finds". Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  12. SERVIMEDIA. "Un 56,2% de alumnos homosexuales ha sido acosado en el colegio". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 29 de xaneiro de 2009. 
  13. FELGTB. "En cada aula hay al menos un gay y una lesbiana". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008. Consultado o 15 de decembro de 2007. 
  14. Panorama-Actual.es. "DecideT edita la primera guía multimedia para evitar la homofobia en la escuela". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 7 de xullo de 2007. 
  15. Esteban Ibarra. "Lucha contra la homofobia". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 7 de xullo de 2007. 
  16. Europa Press. "Madrid es la ciudad española con más agresiones contra los homosexuales". Consultado o 28 de xuño de 2008. 
  17. Gibson. "Gay and Lesbian Youth Suicide". En Fenleib, Marcia R. Report of the Secretary's Task Force on Youth Suicide. United States Government Printing Office. ISBN 0160025087. 
  18. David Badash. "UPDATED: September’s Anti-Gay Bullying Suicides – There Were A Lot More Than 5". Arquivado dende o orixinal o 02/11/2013. Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  19. Janice L. Habuda. "Students learn about bullying". Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  20. AP. "Michelle Obama On Bullying: Adults Need To Set Example". Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  21. 21,0 21,1 "About Trevor". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de decembro de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar