Suevos, A Baña

parroquia civil do concello da Baña

San Mamede de Suevos é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 214 habitantes (111 mulleres e 103 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Suevos
Igrexa de San Mamede de Suevos.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°59′33″N 8°45′18″O / 42.99241467, -8.75510222Coordenadas: 42°59′33″N 8°45′18″O / 42.99241467, -8.75510222
Área6,02 km²
Poboación214 hab. (2016)
Densidade35,55 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia[2] editar

A pegada da cultura castrexa nesta terra está no castro de Suevos, tamén chamado O Castillo. Trátase dun asentamento fortificado da Idade de Ferro que presenta unha coroa de forma ovoide de grandes dimensións, 140 m e 110 m, delimitada por un parapeto dun 3-4 metros de alto. En Francos atópase a mámoa da Agra dos Méndez, a día de hoxe afectada por unha pista parcelaria e a repoboación con eucaliptos.[3]

A presenza de pobos centroeuropeos é visible na toponomía da parroquia: Suevos e Francos.

A parroquia de Suevos pertence ao arciprestado de Céltigos e ao arcediagado de Trastámara. Entre os séculos XVII e XVIII chegou a contar con catro confrarías. A igrexa parroquial é de estilo neoclásico. Comezou a contruírse no 1767, aínda que non se rematou definitivamente ata o século XIX, co engadido da sancristía.

Arquitectura popular editar

Muíños[4] editar

  • O de Ventura Paredes, moía seis meses con auga do rego de Faílde.
  • o de Batáns, moía seis meses.
  • Penedo.
  • Regenjo, moía con auga do río de Portos.
  • Ribavella, moía tres meses con auga do río Fonte Esperón.

Festas editar

  • 3 de febreiro: San Blas.
  • 13 de xuño: Santo Antón.
  • 17 de agosto: San Mamede.
  • 18 de agosto: Santísimo Sacramento.
  • 19 de agosto: A Inmaculada.
  • 1º domingo de outubro: O Rosario.
  • 13 de decembro: Santa Lucía.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Suevos editar

Lugares da parroquia de Suevos no concello da Baña (A Coruña)

A Choupana | A Cruz | O Faílde | Faxín | Francos | Reguengo | Suevos

Parroquias da Baña editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Concello da Baña. Guía da Baña. 
  3. "PXOM A Baña" (PDF). 
  4. Rodríguez Troncoso, Amador (2014). Os albores de Feiraco. Feiraco. ISBN 978-84-697-1047-0. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar