Sucralosa

composto químico

A sucralosa é un edulcorante coñecido co nome comercial de Splenda ®. Na Unión Europea, tamén co E 955. É unhas 600 veces máis doce que a sacarosa,[4] case o dobre que a sacarina e catro veces máis doce que o aspartamo.

Sucralosa[1]
Identificadores
Número CAS 56038-13-2
PubChem 71485
ChemSpider 64561
UNII 96K6UQ3ZD4
Número CE 259-952-2
KEGG C12285
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C12H19Cl3O8
Masa molecular 397,64 g/mol
Aspecto pos branquechos ou brancos
Olor Inodora
Densidade 1,69 g/cm3
Punto de fusión 125 °C; 257 °F; 398 K
Solubilidade en auga 283 g/L (20 °C)
Acidez (pKa) 12,52±0,70
Perigosidade
NFPA 704
1
1
0

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Fabricase por haloxenación selectiva da sacarosa, na que os tres grupos hidroxilos da sacarosa se substitúen por cloro dando 1,6-dicloro-1,6-dideoxi-β-D-fruto-furanosil 4-cloro-4-deoxi-α-D-galactopiranosido ou C12H19Cl3O8. A diferenza do aspartamo, é termoestable e resiste variacións do pH.

Pode usarse en pastelaría, e en produtos de longa vida. A inxesta diaria admisible é de 0-15 miligramos por quilogramo de peso corporal.

Notas editar

  1. Merck Index, 11th Edition, 8854.
  2. "sucralose 56038-13-2". The Good Scents Company Information System. Consultado o 30 xaneiro 2014. 
  3. Anonymous. Scifinder – Substance Detail for 56038-13-2, October 30, 2010.
  4. Michael A. Friedman, Lead Deputy Commissioner for the FDA, Food Additives Permitted for Direct Addition to Food for Human Consumption; Sucralose Arquivado 03 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. Federal Register: 21 CFR Part 172, Docket No. 87F-0086, April 3, 1998