Suceso Portales

anarcofeminista española


María Suceso Portales Casamar, nada en Zahínos (Badaxoz) o 4 de marzo de 1904 e finado en Sevilla o 23 de xaneiro de 1999, foi unha anarcofeminista estremeña. Destacou por participar en Mujeres Libres, organización dedicada á liberación das mulleres, e sobre todo na revista homónima. Ademais militaba en Juventudes Libertarias e na Confederación Nacional do Traballo.[1]

Infotaula de personaSuceso Portales

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Zahínos, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1999 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Coñecido porautora de artigos no periódico Mujeres Libres
Actividade
Ocupaciónmodista , anarcosindicalista , anarcofeminista (pt) Traducir , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMujeres Libres Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballou como modista e desde 1934 estivo activa no movemento anarcosindicalista. En 1936 colaborou no proceso da colectivización e participou no periódico Mujeres Libres. Cando estalou a Guerra Civil Española trasladouse a Guadalaxara, onde foi propagandista e asesora do campesiñado. Portales consideraba a guerra «un momento de dobre ruptura: da erradicación do "privilexio de clase" e da supremacía da "civilización masculina"».[2][3] O 20 de agosto de 1937 participou no I Congreso de Mulleres Anarquistas Confederadas e na organización da Granxa-Escola Sant Gervasi. En outubro dese ano tamén participou na Conferencia Nacional de Mujeres Libres en Barcelona.Destacou a participación de Suceso Portales na prensa, no periódico da agrupación. No artigo «Necesitamos una moral para los dos sexos» plasma os ideais de Mujeres Libres. Chegou a expresar nunha das editoriais:

«(...) Dúas cosas empezan a derrubarse no mundo por inicuas: o privilexio da clase que fundou a civilización do parasitismo, de onde naceu o monstro da guerra, e o privilexio do sexo macho, que converteu a metade do xénero humano en seres autónomos e a outra metade en seres escravos, creando un tipo de civilización unisexual: a civilización masculina, que é a civilización da forza e que produciu o fracaso moral a través dos séculos. (...)» Suceso Portales, Mujeres Libres, núm. 9, xullo de 1937.[4]

O fin da guerra en 1939 sorprendeuna no porto de Alacant, de onde conseguiu fuxir xunto a outras 183 persoas a Gran Bretaña a bordo do Galatea, pensando que meses máis tarde se retomaría a confrontación en España. Estabeleceuse un tempo no fogar da familia Peggy Spencer, en Londres, onde participou en diversas publicacións libertarias e contactou cos resistentes do interior.[1] En Londres participou en todas as manifestacións que se organizaban contra o franquismo (entre elas as que tiveron lugar durante as visitas dos ministros Fernando María Castiella en 1960 e Manuel Fraga en 1963).

En 1962 contactou con antigas compañeiras libertarias exiliadas en Francia e volveron editar o periódico Mujeres Libres, portavoz da Federación do Movemento Libertario Español no exilio. Lanzaron unha edición especial denominada Mujeres Libres en el Exilio.[5][6] En 1972 instalouse en Montadin, onde vivía Sara Berenguer, e encargouse da edición da revista até 1976.

Tras a morte de Francisco Franco volveu a España e organizou, xunto con Saturnino Mauricio, a CNT. Na década de 1980 instalouse en Novelda e colaborou na reconstrución de Mujeres Libres. O último acto no que participou foi en 1996, no 60º aniversario da fundación de Mujeres Libres. Posteriormente mudouse a Sevilla, onde morreu con 94 anos o 23 de xaneiro de 1999.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Vargas, Antonio; Roa, Agustín (marzo de 2000). "Recordando a Suceso Portales". Bicel: Boletín interno de la Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo (en castelán) (Madrid) (9): 34. ISSN 1575-6475. 
  2. Morant Deusa, Isabel (2005). Historia De Las Mujeres En Espana Y América Latina / History of Women in Spain and Latin America (en castelán). IV. Del Siglo XX a Los Umbrales Del XXI / from the XX Century to Threshold of the XXI. Cátedra. ISBN 9788437622903. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  3. Bahamonde, Ángel (2011). 14 de Abril. La República (en castelán). Plaza & Janés. p. 20. ISBN 9788401347764. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  4. Enciclopedia histórica y política de las mujeres: Europa y América. Ediciones AKAL. 15 de marzo de 2010. p. 577. ISBN 9788446022831. 
  5. "Sara Berenguer, la lucha de una mujer.". Mujeres Libres. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 10 de maio de 2013. 
  6. "Mujeres Libres en el Exilio". Mujeres Libres. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 31 de maio de 2023. 
  7. "Suceso Portales y Mujeres Libres en Guadalajara". Fraternidad Universal. 15 de marzo de 2013. Consultado o 31 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar