Sublime (grupo musical)

Sublime foi unha banda estadounidense de ska punk e reggae rock procedente de Long Beach (California) e fundada en 1988. A súa formación, que permaneceu inalterable durante toda a súa carreira, estivo composta polo vocalista e guitarrista Bradley Nowell, o baixista Eric Wilson e o batería Bud Gaugh. Lou Dog, o dálmata de Nowell, foi a mascota da banda. Michael 'Miguel' Happoldt e Marshall Goodman "Ras MG" contribuíron e co-escribiron varias cancións de Sublime. Nowell morreu dunha soredose de heroína en 1996. En 1997, cancións postumas como "Santeria", "Wrong Way", "Doin' Time", e "April 29, 1992 (Miami)" foron liberadas á radio estadounidense.

Sublime
OrixeLong Beach (California),
Período1988 - 1996
Xénero(s)ska punk, rock alternativo, hip hop alternativo, reggae rock, hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)MCA, Skunk
MembrosBradley Nowell
Eric Wilson
Bud Gaugh
Na rede
http://sublimelbc.com/
IMDB: nm1455964 Facebook: Sublime MySpace: sublime Spotify: 0EdvGhlC1FkGItLOWQzG4J iTunes: 63480 Last fm: Sublime Musicbrainz: 95f5b748-d370-47fe-85bd-0af2dc450bc0 Songkick: 558383 Discogs: 98600 Allmusic: mn0000486047 Deezer: 410 Editar o valor em Wikidata

Sublime publicou tres álbums de estudio, un álbum ao vivo, cinco recompilatorios (un dos cales tamén contén material inédito), tres EPs e un box set. Aínda que os seus dúas primeiros álbums, 40oz. to Freedom (1992) e Robbin' the Hood (1994), foron moi populares nos Estados Unidos, Sublime non experimentou un grande éxito comercial ata a edición do seu terceiro traballo en 1996, Sublime, lanzado dous meses despois da morte de Nowell. Este disco acadaría o posto 13 da lista Billboard 200 e del sacouse o sinxelo "What I Got", que foi o único número 1 do grupo en toda a súa traxectoria. Cara 2009 Sublime vendera ao rdor de 17 millóns de álbums en todo o mundo, 10 deles nos Estados Unidos]].

En 2009, os membros superviventes decidiron reformar a banda con Rome Ramirez, un guitarrista novo e seareiro do grupo. Porén, non moito despois de actuar no Smokeout Festival de Cypress Hill, un xulgado dos Ánxeles prohibíulles actuar co nome de Sublime. Isto foi debido a que Nowell fora dono dos dereitos do mesmo, e como resultado non podían usalo se no seu testamento non tiñan permiso para facelo. En xaneiro de 2010 resolveuse a demanda e a nova formación actúa agora co nome Sublime with Rome, editando o seu álbum de estrea, Yours Truly, o 12 de xullo de 2011. Cinco meses despois do seu lanzamento Gaugh anunciou que abandonaba o grupo.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
40oz. to Freedom 1992 Skunk Records
Robbin' the Hood 1994 Skunk Records
Sublime 1996 MCA