Suárbol é unha parroquia do concello leonés de Candín, na comarca do Bierzo. Na actualidade está deshabitado. Suárbol pertence ao ámbito lingüístico galego-berciano, e os seus habitantes falaban un dialecto do galego chamado ancarés[1].

Modelo:Xeografía políticaSuárbol
Imaxe

Localización
Mapa
 42°52′02″N 6°51′05″O / 42.867214, -6.851519Coordenadas: 42°52′02″N 6°51′05″O / 42.867214, -6.851519
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León
MunicipioCandín Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24433 Editar o valor em Wikidata

Hórreo.

Segundo as versións dos maiores do lugar, antes chamábase Ambasaugas, porque hai dous ríos na aldea: un á entrada e outro á saída[2].

Patrimonio editar

Suárbol caracterízase pola súa arquitectura tradicional: os hórreos e as pallozas típicas dos Ancares. Tivo a palloza máis grande do Bierzo, coñecida como a Gran palloza de Suárbol, pero ardeu en 1957; hoxe en día queda o terreo onde se levantaba esta palloza[3]. No entanto, aínda se conservan varias pallozas en bo estado no lugar.

Os hórreos son de planta cadrada e cubertas de lousa coma a inmensa maioría dos edificios de Suárbol, que substituíron os seus teitos por tellados de lousa[3].

O monumento máis importante de Suárbol é a Igrexa parroquial, declarada Ben de Interese Cultural en 1995[4]. É un edificio de estilo barroco clasicista do XVII. O cemiterio da aldea atópase dentro da Igrexa[3].

Suárbol tamén posúe outros bens históricos como unha Calzada romana que unía as minas de ouro en Ibias (Asturias) coas do Bierzo. Tamén destacan os baixorelevos de Suárbol, de significado descoñecido[3].

Festas editar

A principal festa é a do Corpus que a celebran os emigrantes, cando volven ao lugar.

Notas editar

  1. Ricardo Carballo Calero: Gramática del gallego común, p.120.
  2. suarbol.es (en castelán).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Patrimonio de Suárbol Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine..
  4. BOE N.º 71, 24 de marzo de 1995.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar