Stranger than Fiction (filme de 2006)
Stranger than Fiction é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Marc Forster, producido por Lindsay Doran e escrito por Zach Helm. Está protagonizado por Will Ferrell, Maggie Gyllenhaal, Dustin Hoffman, Queen Latifah e Emma Thompson. O argumento principal segue a historia de Harold Crick (Ferrell), un traballador que comeza a escoitar unha voz que narra todo o que ocorre na súa vida. Segundo esta voz, el como protagonista principal, vai morrer de maneira inminente. O filme foi rodado en Chicago, e foi ben acollido pola crítica pola súa innovación, historia intelixente e interpretacións. Ferrell, quen protagonizara anteriormente comedias disparatadas, conseguiu unha atención especial por ofrecer unha actuación moderada no seu primeiro papel dramático como protagonista.
Stranger than Fiction | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Stranger than Fiction |
Director | Marc Forster |
Produtor | Lindsay Doran |
Guión | Zach Helm |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Roberto Schaefer |
Montaxe | Matt Chesse |
Estudio |
|
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 10 de novembro de 2006 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | 30 millóns de dólares[1] |
Recadación | 53,7 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.sonypictures.com/movies/strangerthanfiction/ | |
Stranger than Fiction foi distribuído por Columbia Pictures o 10 de novembro de 2006. Após a súa estrea, foi eloxiado polos seus temas, o humor e as interpretacións. Malia o éxito da crítica, o filme só conseguiu recadar 53 millóns de dólares sobre un orzamento de 30 millóns.
Personaxes editar
- Will Ferrell como Harold Crick
- Maggie Gyllenhaal como Ana Pascal
- Emma Thompson como Karen Eiffel
- Dustin Hoffman como Profesor Jules Hilbert
- Queen Latifah como Penny Escher
- Tony Hale como Dave
- Tom Hulce como Dr. Cayly
- Linda Hunt como Dr. Mittag-Leffler
- Kristin Chenoweth como presentadora da canle de libros
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Box Office Mojo (ed.). "Stranger Than Fiction (2006) – Box Office Mojo". Consultado o 13 de febreiro de 2011.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Stranger than Fiction na IMDb (en inglés).