As stovies, son un prato tradicional da cociña escocesa consistente de forma básica nun guiso de carne picada, pataca e cebola.

Un prato de stovies coas súas galletas de avea para acompañar.

Este prato, similar ao inglés guiso de carne picada (corned beef hash), ocupa unha escala moi básica dentro da gastronomía escocesa e, polo tanto, ofrece unha gran cantidade de receitas, que varían entre as rexións e mesmo entre as distintas familias. Con todo, o elementar das stovies son os anacos de pataca e cebola guisadas con graxa e unha pouca auga, e algo de carne de desfeita, normalmente picada de tenreira, salchichas ou restos de carne asada. Unha variante rexional é acompañar as stovies con galletas de avea.

O termo stovies procede do nome escocés para guisar, stove.