Monte Storr

(Redirección desde «Storr»)

Coordenadas: 57°30′26″N 6°10′59″O / 57.507106, -6.183079

O monte Storr (nome procedente do antigo nórdico, que significaría "home grande") (en escocés: An Stòr) é un promontorio rochoso de orixe basáltica situado no oeste da península de Trotternish, ao norte da illa de Skye, en Escocia, e unha das principais atraccións turísticas da illa.

Vista do monte Storr dende a súa aba sur. Adiantado lixeiramente, o Vello de Stor.

Localización editar

O monte Storr atópase no oeste da península de Trotternish, moi preto do estreito que separa a illa de Skye da de Raasay. Ao seu pé esténdese o lago Leathan, e a estrada que une a vila de Portree coa aldea de Culnacnock. A súa faciana leste é a máis coñecida polos seus espectaculares cantís de basalto, mentres que o oeste presenta costas suaves e herbosas.

Descrición editar

 
Vista do Vello de Storr; no fondo, o lago Leathan e a illa de Raasay.

O punto máis alto do Storr sitúase a 719 m de altura. É, polo tanto, un graham (montes escoceses de alturas comprendidas entre os 2.000 e os 3.000 pés). A área de cantís coñécese co nome do Santuario, e está composta por unha parede rugosa duns 300 metros de largo e unha ducia de pequenos farallóns de orixe volcánica, de entre os que destaca un, o Vello de Storr (Old Man of Storr), pola súa peculiar forma de menhir e o seu aparente equilibrio inestábel. Ata o cumio do Storr accédese por un camiño coidado e preparado, cunha ascensión intensa pero sinxela de 1.500 metros, por entre bosques de coníferas (primeiro) e prado (despois). Ao Vello de Storr, de 50 metros de altura, foi escalado por primeira vez en 1955 polos montañeiros Don Whillan e James Barber.

O Vello de Stor editar