Steven Isserlis, nado en Londres (Inglaterra) o 19 de decembro de 1958, é un violonchelista británico. Destaca polo seu diverso repertorio, o seu son característico (debido en parte ao emprego de cordas de tripa) e o seu fraseo. Estudou no Oberlin Conservatory of Music da localidade estadounidense de Oberlin (Ohio) e foi moi influenciado polo gran mestre ruso Daniil Shafran. En 1998 foi condecorado coa Orde do Imperio Británico (Order of the British Empire).

Steven Isserlis
Nome completoSteven Isserlis
Data nacemento19 de decembro de 1958
Nado enLondres, Inglaterra
OcupaciónViolonchelista
Instrumento(s)Violonchelo
Selo(s) discográfico(s)Hyperion Records
Na rede
http://www.stevenisserlis.com/
Twitter: stevenisserlis Spotify: 3lqUltCfNNgeU38vDVBbI1 iTunes: 266189 Musicbrainz: f194b541-726e-4201-9773-fa87a5a18cfc Songkick: 244423 Discogs: 380704 Allmusic: mn0000128057 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Isserlis naceu o 19 de decembro de 1958 en Londres no seo dunha familia de músicos. Seu avó, Julius Isserlis[1] que era un xudeu ruso foi un dos doce músicos que nos anos '20 do século XX saíron de Rusia para promocionar a cultura rusa, mais nunca volveu.[2] Súa nai foi profesora de piano e seu pai foi músico afeccionado. A súa irmá Annette toca a viola, e a súa outra irmá Rachel é violínista. Foi á City of London School. Deixou a escola aos 14 anos e se trasladou a Escocia, onde estudou baixo a tutela de Jane Cowan.[2] Foi fan dos Beatles, nos que se inspirou para o seu persoal peiteado.[2] A súa familia apoiouno ao principio da súa carreira musical, mesmo cando non gañaba moitos cartos.[2]

A súa muller Pauline, unha frautista, morreu en xuño do 2010.[3] O seu fillo, Gabriel Mara Isserlis, estuda actualmente cine no Rochester Institute of Technology.[2]

Carreira profesional editar

Isserlis toca como solista e músico de cámara. Ten colaborado coas orquestras sinfónicas de Boston, Dallas e Toronto, Gewandhaus de Leipzig, Filadelfia e Philarmonia, e con directores como Ashkenazy, Oramo, Colin Davis, Koopman ou Eschenbach. O seu interese polos instrumentos de época levouno a desenvolver proxectos coa Orchestra of the Age of Enlightenment, a Academy of Ancient Music e Hogwood e a Orquestra dos campos Elíseos e Herreweghe, e a tocar a obra de Beethoven para chelo co fortepianista Robert Levin en Boston. Tamén ten organizado multitude de festivais en colaboración con músicos do talle de Joshua Bell, Stephen Hough, Mikhail Pletnev, András Schiff, Denes Varjon e Tabea Zimmermann. Moitas novas obras para violonchelo foron escritas para el por compositores como John Tavener, Thomas Ades, Wolfgang Rihm, Carl Vine e Douglas Weiland.

En 1998 foi condecorado coa Orde do Imperio Británico, e recolleu o galardón co seu pai, xa que a súa nai morrera pouco tempo atrás.[2] Recibiu o Schumann Prize no 2000 pola cidade de Zwickau. Toca o De Munck Stradivarius, cedido por The Nippon Music Foundation. Tamén tocou un violonchelo Montagnana de 1740 e un Guadagnini de 1745.

Tamén escribiu dous libros para nenos sobre as vidas de compositores famosos: o primeiro foi Why Beethoven Threw the Stew (Faber & Faber, 2001), e o segundo Why Handel Waggled His Wig (Faber & Faber, 2006). Tamén escribiu tres historias que foron musicalizadas por Anne Dudley: "Little Red Violin," Goldipegs and the Three Cellos, e Cindercella (Publicada por Universal Edition, Viena).

Isserlis é o director artístico da International Musicians Seminar, Prussia Cove en West Cornwall, onde toca e imparte clases.

No 2007, Isserlis fixo unha gravación das Suites para Violonchelo de Bach[4] que foi premiada cun Gramophone award.

Isserlis debutou dirixindo dende o violonchelo en febreiro do 2008 coa Irish Chamber Orchestra no National Concert Hall de Dublín.

Notas editar

  1. Gdal Saleski Singers of Jewish origin 1927 "JULIUS ISSERLIS Julius Isserlis, who is one of the most outstanding of the many pianists Russia has given to the world in the present generation, was born in Kishineff, Russia, on October 26, 1889
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Desert Island Discs with Steven Isserlis". Desert Island Discs. 2007-12-02. BBC. Radio 4. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2008. Consultado o 24 de marzo de 2011. 
  3. The Guardian : Revisions: Steven Isserlis
  4. Isserlis, Steven. Hyperion, ed. Bach: The Cello Suites (PDF). pp. 5–6. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar