Steven Ronald Bochco, nado en Nova York o 16 de decembro de 1943 e finado na mesma cidade o 1 de abril de 2018, foi un produtor e guionista de televisión estadounidense. Participou en varias series e películas como Hill Street Blues , L.A. Law e NYPD Blue.

Infotaula de personaSteven Bochco

(1994) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Steven Ronald Bochco Editar o valor em Wikidata
16 de decembro de 1943 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte1 de abril de 2018 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Pacific Palisades, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Leucemia Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Carnegie Mellon (pt) Traducir - Bachelor of Fine Arts (en) Traducir (–1966)
High School of Music & Art (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista , produtor de cinema , produtor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor em Wikidata - 2017 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBarbara Bosson (pt) Traducir (1970–1997) Editar o valor em Wikidata
FillosJesse Bochco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0004766 WikiTree: Bochco-1 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha familia xudía. Os seus pais eran artistas, a nai pintora e o pai violinista. Estudou nunha escola de Música e Artes. En 1961 mudouse a Pittsburgh para estudar literatura e teatro. Graduouse co título de Bacharel en Teatro en 1966.

Traballou na Universal Studios, como escritor e despois como editor de historia, para as series Ironside, Columbo, McMillan and Wife, Griff, Delvecchio e The Invisible Man.

O seu maior éxito foi na cadea NBC co drama Hill Street Blues. Estivo emitíndose desde 1981 a 1987 e Bochco apareceu nos créditos como co-creador, ademais de escribir e producir a serie.

Bochco estivo no desenvolvemento, proceso de creación e foi designado produtor executivo da serie L.A. Law (1986-1994), que foi retransmitida por primeira vez na cadea NBC. Tiña un contrato moi lucrativo coa cadea ABC, polo cal en 1987, estrea a serie Doogie Howser, M.D. (1989-1993).

Despois deste éxito, participou en NYPD Blue (1993) con David Milch. Ademais presentou o proxecto de Murder One (1995-1997), Brooklyn South (1997) e City of Angels (2000).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar