Stella McCartney

deseñadora de moda británica

Stella Nina McCartney, nada en Camberwell (Londres) o 13 de setembro de 1971, é unha deseñadora de moda británica. Como os seus pais, Paul e Linda McCartney, é unha firme defensora dos dereitos dos animais e é coñecida particularmente polo seu uso de alternativas vexetarianas e libres de animais no seu traballo.

Infotaula de personaStella McCartney

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Stella Nina McCartney Editar o valor em Wikidata
13 de setembro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Lambeth, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónCentral Saint Martins (pt) Traducir
Rye College (en) Traducir
Bexhill College (en) Traducir
Ravensbourne University London (en) Traducir
South Houston High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEstilista , actriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlasdhair Willis (2003–)
PaisPaul McCartney Editar o valor em Wikidata  e Linda McCartney (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMary McCartney (pt) Traducir, James McCartney (pt) Traducir, Heather McCartney (pt) Traducir e Beatrice McCartney (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webstellamccartney.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0565383 Facebook: stellamccartney Twitter: StellaMcCartney Instagram: stellamccartney Youtube: UCrmC7FlbQ3QFYeTwn8YW8Rw Musicbrainz: c69d7666-76e1-414a-8639-dd3f53bb7ead Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Stella McCartney naceu en Londres,[1] onde creceu. O seu nacemento foi crítico porque tanto a súa nai como ela sufriron moitos problemas. Este traumático momento levou ao seu pai a pregar para que nacese "nas ás dun anxo", e esta expresión inspirou o nome da banda dos seus pais nos anos 70, Wings ("ás").[2][3] De nena, viaxou por moitos lugares nas xiras dos seus pais, xunto cos seus irmáns, a súa medio irmá máis vella Heather (adoptada legalmente por Paul), a súa irmá máis vella Mary, e o seu irmán máis novo James.

Stella admite que tivo unha infancia rutineira a pesar de que os seus pais eran famosos. Asistiu á escola pública de Sussex, onde foi vítima de acoso escolar,[4] a pesar de ser ela mema unha acosadora.[5]

Dende pequena estivo en contacto co mundo da moda. Aos trece anos xa confeccionaba a súa propia roupa e aos quince tivo o seu primeiro traballo relacionado coa moda facendo prácticas na casa Lacroix de París. Logo completou a súa formación nunha fundación de arte no Ravensbourne College of Design and Communication.[6][7]

Graduouse na Central Saint Martins College of Art and Design. Aos dezaoito anos comezou a traballar para a deseñadora Betty Jackson, que nunca permitía conceder favores ás elites. Stella foi a excepción. Nunca chegou tarde e era a última en marchar. Facía café, cosía botóns, levaba pedidos á oficina de correos e pasaba o ferro.[8]

Dende o comezo, nas súas tres primeiras coleccións, percibíronse grandes conceptos de xastre e un grande espírito na natureza e nunha feminidade atractiva. A súa primeira colección de graduación xa foi noticia e estivo na portada dos xornais. Toda a colección vendeuse a "Tokyo", unha tenda de Londres. Acto seguido, abriu o seu propio taller na moderna zona de Notting Hill Gate.[9] Os deseños foron licenciados a Browns, Joseph, Bergdorf Goodman e Neiman Marcus. A colección mostrouse xunto cunha canción escrita polo seu pai chamada "Stella May Day". En 1998 deseñou o vestido de noiva da súa irmá Mary para a súa voda co produtor de televisión Alistair Donald.

Despois de graduarse, entrou en Savile Row xunto ao xastre Edward Sexton para aprender máis.[6] [10]

Carreira editar

 
Alicia Keys vestida por Stella McCartney nos Aria Awards 2013 en Sydney

Pouco despois, en 1997, foi nomeada directora creativa da marca parisiense Chloé en París, sucedendo a Karl Lagerfeld e pasou catro anos á fronte. Cando deixou Chloé, a súa base de clientes volveuse máis nova e moderna e as vendas disparáronse. Finalmente, deixou a marca en 2001.[11]

Stella McCartney lanzou a súa propia firma de moda, que levaba o seu nome, nunha asociación con Kering como unha alianza comercial ao 50 por cento. Foi aquí onde mostrou a súa primeira colección na Semana da Moda de París en outubro de 2001. A marca lanzouse baixo o Grupo Gucci, actualmente PPR Luxury Group. "No grupo Gucci atopei un compañeiro con habilidades para facer deste negocio un éxito. Sempre quixen crear o meu propio selo e síntome preparado para o desafío", dixo Stella nun comunicado. De feito, e seguindo os seus principios de non usar tecidos animais, dise que rexeitou un traballo en Gucci, porque a marca adoraba as prendas e os accesorios de coiro.[12][6]

Ser filla do membro da banda dos Beatles Paul McCartney e da fotógrafa activista polos dereitos dos animais Linda Eastman reflectiuse plenamente en moitos factores. De feito Stella foi vexetariana ao longo da súa vida. Tampouco usa ningún coiro nin peles nos seus deseños porque non quere renunciar aos seus principios, onde creceu, o campo e a granxa. Este feito tivo consecuencias porque ten menos opcións en canto a texturas e cores. As súas coleccións inclúen roupa de muller prêt-à-porter, accesorios, lencería, lentes, fragrancias e, finalmente, unha liña para nenos.[13]

As 33 tendas independentes que ten atópanse en lugares como o Soho de Manhattan, o Mayfair e Brompton Cross de Londres, o West Hollywood dos Ánxeles, o Palais Royal de París, Milán, Tokio, Shanghai e Pequín. As súas coleccións tamén se distribúen en máis de 70 países a través de 600 contas por xunto, incluíndo tendas especializadas e grandes almacéns, así como o envío a cen países en liña.

McCartney tamén deseñou para o cinema e para moitas celebridades de Hollywood.[14] O primeiro perfume que lanzou no 2003 chamouno "Stella". Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Dundee en marzo dese mesmo ano. En setembro de 2004, ademais da súa colección principal, tamén fixo unha asociación a longo prazo con Adidas, coa que fundou Adidas by Stella McCartney. A colección creceu ata expandir as distintas liñas de carreira, ximnasio, ioga, tenis, natación, deportes de inverno e ciclismo.[6]

En 2008 lanzou unha colección de lencería que reflectía as necesidades das mulleres modernas. No inverno de 2010 presentou o bolso "Falabella", un dos artigos máis vendidos da marca. Distinguiuse axiña polo detalle da cadea trenzada nos acabados. Tamén no mesmo ano presentouse a primeira colección Stella McCartney-Kids, que captaba o espírito e a enerxía dos máis pequenos. Esta liña de nenos, nenas e bebés, ía dende o nacemento ata os 14 anos.

Ao ano seguinte, en 2011, deu a coñecer a liña de lentes de sol que complementaban os seus desfiles. Tamén en 2011 foi incluída na lista do Daily Telegraph das mulleres máis poderosas do ano en Gran Bretaña.

O compromiso da deseñadora coa sostibilidade das coleccións cunha filosofía de responsabilidade, honestidade e modernidade agradeceuse constantemente. É ecoloxista, vexetariana e participou en moitas campañas contra o uso de peles de coiro e animais na fabricación de roupa.[15] Por iso, os seus zapatos son de vinilo ou plástico e os cintos e bolsas de rafia e téxtiles. Como ecoloxista, apoia ás organizacións Lynx e PETA para apoiar os dereitos dos animais e non usar materiais como coiro, pel, la ou seda.[16] Algúns dos seus deseños teñen frases que reflicten o seu respecto pola natureza, como unha das súas chaquetas para Adidas onde pon "apto para vexetarianos deportivos" nunha das mangas. Un par das súas botas de vinilo e Ultrasuede foron vendidas especificamente como "vegan-friendly", aínda que o seu uso de materiais sintéticos derivados do petróleo provocou críticas entre os ecoloxistas.[17] Foi mecenas da Vegetarian Society, organización dedicada a difundir os beneficios dunha dieta sen carne.[6][18]

Vida persoal editar

McCartney casou co editor británico Alasdhair Willis o 30 de agosto de 2003 na Mount Stuart House da illa de Bute. O seu vestido de noiva era unha versión actualizada do vestido da súa nai de 1969.[19] McCartney e Willis teñen catro fillos.[20]

McCartney ten unha medio irmá máis nova, Beatrice Milly McCartney, nada o 28 de outubro de 2003 do seu pai e a súa segunda esposa, Heather Mills.[21]

Notas editar

  1. Beatle Children
  2. "Stella McCartney - Biography". IMDb. Consultado o 20 de maio de 2014. 
  3. Miles, Barry; Badman, Keith, eds. (2001). The Beatles Diary After the Break-Up: 1970–2001 (reprint ed.). Londres: Music Sales Group. ISBN 9780711983076. 
  4. "Stella Mccartney Wants Son To Go Private". Contactmusic.com. Consultado o 27 de outubro de 2011. 
  5. "Stella Mccartney – Stella Looks For Private School". Contactmusic.com. Consultado o 27 de outubro de 2011. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Stella McCartney, Fashion Designer - Biography & News". Vogue UK. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  7. "Stella McCartney. Noticias, fotos y biografía de Stella McCartney". Hola. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  8. "Eligen a Stella McCartney diseñadora del año en Gran Bretaña". Terra. Consultado o 18 de abril de 2014. 
  9. Fashion Dictionary edited by Guido Vergani (en inglés). Baldini Castoldi Dalai. 2006. ISBN 978-8860730152. 
  10. Nadine Brozan, ed. (1995). "Chronicle". The New York Times. Consultado o 21 de maio de 2014. 
  11. Who's Who in Fashion (en inglés). Stegemeyer. 2003. ISBN 978-1563672477. 
  12. Verónica Lasarte (ed.). "Stella McCartney". DMODA. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2014. Consultado o 18 de abril de 2014. 
  13. "Stella cambia las normas". Revista Mujer. 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2014. Consultado o 21 de maio de 2014. 
  14. "Stella McCartney". Bornrich - Home of luxury. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2014. Consultado o 21 de maio de 2014. 
  15. "Stella McCartney orders fur advert dropped". The Telegraph. 2008. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  16. West Europe (2011). Berg Encyclopedia of World Dress and Fashion (en inglés). SKOV. pp. 191, 193. ISBN 9781847883971. 
  17. "Thigh high boots by Stella McCartney, c. 2005". V&A Search the Collections. Victoria and Albert Museum. Consultado o 19 de maio de 2017. 
  18. "Stella McCartney Sheds Light on Leather's Dark Truth". PETA. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2021. Consultado o 21 de maio de 2014. 
  19. Craven, Jo (11 de maio de 2011). "Stella McCartney bio". Vogue. Reino Unidos. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 27 de outubro de 2011. 
  20. "The Tatler List". Tatler. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 05 de abril de 2021. 
  21. "McCartneys 'ecstatic' over baby". BBC News. 30 de outubro de 2003. Consultado o 27 de outubro de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar