Stéphane Pignol

futbolista francés

Stéphane Jean François Pignol, nado en Aubagne o 3 de xaneiro de 1977, é un exfutbolista francés que xogaba de lateral dereito.

Stéphane Pignol
Información persoal
Nome Stéphane Jean François Pignol
Nacemento 3 de xaneiro de 1977 (47 anos)
Lugar de nacemento Aubagne
Nacionalidade Francia
Altura 1,84 m.
Posición Lateral dereito
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–1997 Aubagne
1997–2003 Compostela 101 (1)
1998–1999Pontevedra (cedido) 29 (2)
2003–2004 Almería 29 (1)
2004–2005 Numancia 33 (0)
2005–2008 Murcia 88 (6)
2008–2009 Zaragoza 26 (0)
2009–2013 Las Palmas 125 (2)
Total 431 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pignol xogou durante toda a súa carreira profesional en España, e debutou na Primeira División da man da SD Compostela, coa que xogou tres partidos na máxima categoría na tempada 1997–98. Durante a súa etapa en Santiago, foi cedido unha tempada ó Pontevedra CF.

Ó remate da tempada 2012–13, e tras catro tempadas na UD Las Palmas, Pignol anunciou a súa retirada coma xogador profesional con 36 anos.[1]

Notas editar

  1. Pignol cuelga las botas; La Provincia, 26 de xuño de 2013

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar