Stéphane Frédéric Hessel, nado en Berlín o 20 de outubro de 1917 e finado o 27 de febreiro de 2013,[1] foi un diplomático e embaixador alemán nacionalizado francés en 1937. Combatente da Resistencia francesa durante a Segunda Guerra Mundial e un dos redactores da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948, volveu adquirir sona nos derradeiros anos da súa vida con motivo da publicación do ensaio Indignez-vous!, publicado en galego co título de Indignádevos! pola editorial Factoría K de libros[2].

Infotaula de personaStéphane Hessel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 2013 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
XIV Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Presidente Institut Pierre-Mendès-France (en) Traducir
1985 – 1987 – Claude Cheysson (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure
École Libre des Sciences Politiques (en) Traducir
London School of Economics
École alsacienne (pt) Traducir
Liceo Louis-le-Grand Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , activista político , escritor , membro da resistencia francesa Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor em Wikidata - 2013 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeVitia Hessel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAnne Hessel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiFranz Hessel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsUlrich Hessel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webengagezvous.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0381593 Allocine: 410201
Bitraga: 3408 iTunes: 373295927 Discogs: 3331317 Find a Grave: 105886441 Editar o valor em Wikidata
Stéphane Hessel no peche de campaña da coalición Europe Écologie nas eleccións rexionais francesas de 2010.

Traxectoria editar

Nacionalizado francés antes de cumprir os 20 anos, foi mobilizado polo exército deste país ao inicio da segunda guerra mundial, para logo unirse á Resistencia, ata que en 1941 foi capturado pola Gestapo e deportado ao campo de concentración de Buchenwald, do cal logrou escapar, e ao de Mittelbau-Dora, tras ser capturado novamente. Condenado a morrer na forca, e tras fracasados intentos de fuxida, logra escapar novamente durante o traslado ao campo de concentración de Bergen-Belsen.

Tras o remate da contenda mundial, participa na elaboración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, adoptada en París en 1948 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en calidade de xefe de gabinete de Henri Laugier, secretario da Comisión de Dereitos Humanos da ONU.

En 1962 funda a AFTAM (Asociación para a Formación dos Traballadores de África e Madagascar), da cal foi presidente. Máis tarde, en 1982, foi nomeado membro da Alta Autoridade Francesa da Comunicación Audiovisual, por un período de 3 anos, onde foi responsable das radios locais privadas.

Activismo editar

Membro da Coalición Francesa para a Cultura, a Paz e a Non Violencia, denunciou publicamente ao Goberno francés polo que consideraba o seu fracaso no cumprimento do artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o dereito á participación política, e reclamoulle a achega de fondos para prover de vivenda aos sen teito. Especialmente crítico coas intervencións armadas de Israel no Líbano e en Palestina, chegounas a considerar como crimes de guerra, ou mesmo crimes contra a humanidade[3].

En outubro de 2010 publicou o seu ensaio Indignez-Vous!, o cal xa vendera 600.000 copias cara a fins do ano. Hessel opina que a sociedade francesa ten que reaxir e crear unha nova Resistencia ao xeito da da segunda guerra mundial. Mais desta volta a causa non residiría na invasión dun exército estranxeiro, senón nas cada vez maiores diferenzas sociais entre ricos e pobres, no abuso do capital, o trato aos inmigrantes, a degradación medioambiental, a causa palestina, a perda da liberdade de prensa e a deterioración do Estado do benestar. O autor pide unha insurrección pacífica e non violenta.

Notas editar

  1. "Stéphane Hessel, gentleman indigné" http://www.lemonde.fr
  2. "Páxina web de Factoría K". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  3. "La Vanguardia". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2011. Consultado o 25 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar