Spun é unha película estadounidense do ano 2002, dirixida por Jonas Åkerlund con Jason Schwartzman, Brittany Murphy, Mickey Rourke, Mena Suvari, John Leguizamo, Patrick Fugit, Eric Roberts, Chloe Hunter e Debbie Harry como protagonistas. Céntrase na vida de varias persoas relacionadas entre elas a través da metanfetamina. A película inclúe elementos de comedia negra e drama, e o título fai referencia ao termo usado para referirse á sensación acadada logo de varios días seguidos sen durmir por mor da metanfetamina.

Spun
Ficha técnica
DirectorJonas Åkerlund
ProdutorDanny Vinik
Chris Hanley
GuiónWill De Los Santos
Creighton Vero
IntérpretesJason Schwartzman
Brittany Murphy
Mena Suvari
Mickey Rourke
John Leguizamo
Patrick Fugit
Debbie Harry
MúsicaBilly Corgan
FotografíaEric Broms
MontaxeJonas Åkerlund
DistribuidoraNewmarket Capital Group
Estrea14 de xuño de 2002
Duración101 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento411.119 dólares
Na rede
http://www.spunthemovie.com
IMDB: tt0283003 Filmaffinity: 604897 Allocine: 34539 Rottentomatoes: m/spun Mojo: spun Allmovie: v266233 TCM: 444249 Metacritic: movie/spun TV.com: movies/spun Netlix: 60025348Editar o valor em Wikidata

É a primeira longametraxe de Åkerlund, que xa acadara sona polos seus videoclips. O filme foi gravado en Super 16 en 22 días, e é a longametraxe con máis cortes de edición (máis de 5.000)[1].

Trama editar

Ross (Jason Schwartzman) é un cliente de Spider Mike (John Leguizamo), un traficante de metanfetamina. Spider Mike e a súa moza Cookie (Mena Suvari) están a discutir decote, e Ross coñece a Frisbee (Patrick Fugit) e Nikki (Brittany Murphy), dous compañeiros de adicción. Nikki leva a Ross a coñecer ao seu mozo, "The Cook" (Mickey Rourke), que subministra a droga a Spider Mike desde un laboratorio doméstico que ten nunha habitación de motel. The Cook dálle a Ross un pouco de meta en agradecemento por levar a Nikki a casa no seu Volvo, e dille que o chamará cando necesite un condutor.

De volta no seu apartamento, Ross escoita as mensaxes no contestador da súa nai desexándolle un feliz aniversario e da súa antiga moza Amy dicíndolle que lle debe 450 dólares. Ross, pensando que ela aínda o quere, chámaa e déixalle unha mensaxe. Despois vai a un local de striptease, onde ten unha intensa alucinación pornográfica. Despois marcha a casa cunha das bailarinas, April (Chloe Hunter), coa que practica o sexo en diversas posturas. A última delas remata con April esposada á cama, e entón The Cook chama a Ross dicíndolle que vaia de forma urxente para recoller a Nikki e levar o can dela ao veterinario. Ross, aínda colocado pola droga, deixa a April esposada e tápalle a boca e mais os ollos con cinta americana e abandónaa na habitación coa música a todo volume. Mentres Ross e Nikki levan o can ao veterinario, a policía e un equipo de reporteiros da televisión toman a caravana onde Frisbee vive coa súa nai, pensando que o laboratorio onde se fai a metanfetamina está aí. Frisbee e a súa nai son levados a comisaría, e el é convencido pola policía para cooperar nunha redada.

O mesmo día, Ross e The Cook paran nunha estación de servizo para mercar soda e cápsulas de efedrina. Despois van a unha tenda de licores a coller cervexa, e alí The Cook dálle unha tunda a un home por non respectar ás dúas dependentas da tenda, logo de que elas foran mercarlle droga a Spider Mike. Logo, Ross e The Cook van a unha tenda de películas porno, onde The Cook fala dos seus gustos persoais respecto ás mulleres, e resalta a importancia da pornografía nos Estados Unidos de América. Ross chama de novo á casa de Amy, pero sen atopar resposta. Leva de volta a The Cook á súa casa e volve ao seu apartamento con April, que está aínda amarrada á cama. No motel de The Cook, el e Nikki discuten na habitación logo de que el chamase a unha prostituta, e ela decide marchar a Las Vegas e rematar coa relación. Antes, chama a Ross para que a leve á estación, e Ross deixa de novo a April esposada á cama. Porén, esta é rescatada pola veciña lesbiana de Ross (Debbie Harry), quen, ao cabo, vai á mesma tenda de licores de antes e dálle outra tunda ao mesmo home polo mesmo motivo.

Mentres Ross e Nikki están fóra, Frisbee vese obrigado a colaborar coa policía levando un micrófono mentres lle merca meta a Spider Mike para poder arrestar a este. Cando entra, Cookie intenta foder con el, en vinganza porque Spider Mike chamou a unha liña de teléfono erótico. Cookie atopa o micrófono e a policía rodea o apartamento. Spider Mike, furioso pola traizón de Frisbee, dispáralle nos testículos, e nese momento entra a policía e arresta a Spider Mike e Cookie. Ao tempo, o laboratorio de The Cook sofre un incendio. Este marcha á tenda de cine erótico, onde é arrestado logo de que o dono da mesma (Rob Halford) chamase á policía. Logo de que The Cook sexa liberado, chama a Ross e pídelle que o leve á cidade á casa do seu provedor. Logo de deixar a Nikki na estación, Ross sabe do arresto dos demais e accede a levar a The Cook á cidade, coa idea de aproveitar a viaxe para visitar a Amy, que tamén vive alá.

O narcotraficante (Eric Roberts) dálle a The Cook cartos, meta e o equipamento para facer un novo laboratorio. Ross chama a Amy de novo, e déixalle unha mensaxe dicíndolle que a agarda en 20 minutos nun parque próximo cos cartos. The Cook promételle a Ross seis meses de doses de meta se o leva a outro lugar, e Ross acepta coa condición de que primeiro visite a Amy. Amy, que atopou traballo e refixo a súa vida na cidade, déixao no parque tras saber que Ross segue a consumir droga. El, que está colocado, dálle 100 dólares e marcha de volta con The Cook. Finalmente, logo de varios días de actividade frenética activada polo uso de drogas, os protagonistas póñense a durmir, agás The Cook. Mentres Ross descansa no coche, The Cook monta un novo lavoratorio nunha vella caravana, pero préndeselle lume e explota con el dentro.

Elenco editar

Aparicións editar

Banda sonora editar

A música orixinal da película foi escrita por Billy Corgan. A banda sonora inclúe temas de artistas como Iron Maiden (tocada por The Djali Zwan), Ozzy Osbourne, Mötley Crüe, Blues Traveler, Bathory (na que Åkerlund tocara a batería tempo atrás), Richie Havens, Phantom Planet (coa que Jason Schwartzman tocaba a batería nesa época), Per Gessle (membro de Roxette), Paola, e Satyricon, do que aparece na película o vídeo da peza "Mother North".

Notas editar

  1. "Did You Know?", curiosidades sobre Spun en IMDb (en inglés).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar