Southwest Airlines

Southwest Airlines Co. é unha gran aeroliña estadounidense e a maior low-cost do mundo. Ten a súa sede en Dallas, Texas e foi creada no ano 1967 adoptando o seu nome actual en 1971. A aeroliña tiña 44.831 empregados en decembro de 2013 e operaba máis de 3.400 voos diarios. En xuño de 2011 encargábase de transportar máis pasaxeiros en voos domésticos que calquera aeroliña estadounidense. En xullo de 2014 Southwest Airlines programara voos a 89 destinos en 41 estados, Porto Rico e outros países.

Southwest Airlines
IATA
WN
OACI
SWA
Indicativo
SOUTHWEST
Fundación16 de marzo de 1967
Inicio das operacións18 de xuño de 1971
Plan de voo frecuenteRapid Rewards
SubsidiariasAirTran Airways
Frota610
Destinos92
Eslogan da compañíaIf it matters to you, it matters to us
SedeDallas, Texas
Páxina web: http://www.southwest.com/

Southwest Airlines usou só avións Boeing 737, agás durante uns poucos anos nos 70 e 80, cando alugou un feixe de Boeing 727. En agosto de 2012 Southwest era a aeroliña con máis 737 do mundo, cuns 550 en servizo, cada un deles facendo unha media de 6 voos diarios. En maio de 2011 Southwest mercou AirTran Airways, agardando que a integración das aeroliñas se complete en decembro de 2014. O 1 de marzo de 2012 a compañía emitiu un certificado de operación único, converténdose tecnicamente nunha soa aeroliña.[1]

Frota editar

Frota de Southwest Airlines
Avión En servizo Pedidos Opcións Pasaxeiros Notas
Boeing 737-300 122 137
143
Algúns modernizados con cabinas de cristal
Serán retirados entre 2016 e 2020.[2]
Boeing 737-500 15 122 Retirados cara 2016
Boeing 737-700 400 43 36 143 Opcións convertibles á serie -800.
Boeing 737-800 74 46 175 Todos serán modernizados con Split Scimitar Winglets.
Boeing 737 MAX 7 30 TBA Agárdase que entren en servizo en 2019.[3]
Boeing 737 MAX 8 170 191 TBA Agárdase que entren en servizo en 2017.[4]
Total 610 290 227

Notas editar

  1. USA Today (ed.). "Southwest, AirTran now single carrier in FAA's eyes". Consultado o 3 de setembro de 2014. 
  2. Flightglobal (ed.). "Southwest outlines retirement plan for older 737s". Consultado o 3 de setembro de 2014. 
  3. NYC Aviation (ed.). "Southwest Launches 737 MAX 7, Converts 30 737 NG Orders". Consultado o 3 de setembro de 2014. 
  4. Flightglobal (ed.). "Southwest converts 20 737s to Max". Consultado o 3 de setembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar