Southern hip hop

subxénero rexional do hip hop

O southern hip hop (en galego: hip hop sureño), tamén coñecido como southern rap, south coast hip hop ou dirty south, é un termo xeral para un subxénero rexional da música hip hop estadounidense que xurdiu no sur dos Estados Unidos, especialmente en Atlanta, Nova Orleans, Houston e Memphis e Miami, cinco cidades que constitúen a "rede do sur" na música rap.[1][2][3]

Southern hip hop
Orixe musicalMúsica hip hop, East Coast rap, West Coast rap
Orixe culturalMaediados da década de 1980, Rexión Sur, Estados Unidos especialmente Houston, Atlanta, Nova Orleáns, Memphis e Miami
Subxéneros
Bounce, chopped and screwed, crunk, miami bass, phonk, plugg, trap e memphis rap

A música foi unha reacción ao fluxo da cultura hip hop dos anos 80 da cidade de Nova York e da zona dos Ánxeles e pódese considerar a terceira escena do hip hop estadounidense, xunto co east coast hip hop e west coast hip hop.[4] Moitos dos primeiros artistas de rap do sur lanzaron a súa música de forma independente ou en mixtapes despois de atopar dificultades para conseguir contratos con selos discográficos na década de 1990.[5] A principios da década de 2000, moitos artistas do sur alcanzaron o éxito e, a medida que pasou a década, tanto as variedades mainstream como underground de hip hop do sur convertéronse entre as máis populares e influentes de todo o xénero.

Notas editar

  1. "DJ Deluxx, 2003 (Entrevista)". indexmagazine.com. Consultado o 2012. 
  2. Burks, Maggie (2008). "Southern Hip-Hop". Jackson Free Press. 
  3. Wilson, Jocelyn (2007). "Outkast'd and Claimin' True: The Language of Schooling and Education in the Southern Hip-Hop Community of Practice" (PDF). 
  4. Sanneh, Kelefa (2005). "The Strangest Sound in Hip-Hop Goes National". The New York Times. 
  5. "Dirty South". allmusic.com. Consultado o 2023.