Soundgarden

banda de grunge norteamericana

Soundgarden foi unha banda de grunge estadounidense procedente de Seattle e formada en 1984 que axudou a definir o xénero. Trátase dunha das catro grandes bandas de grunge de Seattle, xunto con Nirvana, Alice in Chains e Pearl Jam. Foi creada polo vocalista e guitarrista Chris Cornell, o guitarrista Kim Thayil e o baixista Hiro Yamamoto. Matt Cameron converteuse no batería permanente en 1986 e Ben Shepherd ubstituiría a Yamamoto en 1990. O grupo separaríase en 1997, pero o 1 de xaneiro de 2010 anunciouse que Soundgarden volvería a reunirse[1]. Tras a morte de Cornell en 2017 Thayil converteuse no derradeiro membro orixinal.

Soundgarden
Ao vivo en Chicago no 2010
OrixeSeattle, Washington, Estados Unidos
Período1984-1997
2010-2019
Xénero(s)grunge, rock alternativo, metal alternativo
Selo(s) discográfico(s)SST, A&M, Sub Pop
MembrosChris Cornell
Kim Thayil
Ben Shepherd
Matt Cameron
Antigos membrosHiro Yamamoto
Jason Everman
Scott Sundquist
Artistas relacionadosAudioslave, Hater, Pearl Jam, Temple of the Dog, Wellwater Conspiracy
Na rede
soundgardenworld.com
IMDB: nm2929375 Facebook: Soundgarden Twitter: soundgarden Instagram: soundgarden MySpace: soundgarden Youtube: UCHKSayVT2Ks-gQBXmMLGTag Bandcamp: soundgardenSouncloud: soundgarden Spotify: 5xUf6j4upBrXZPg6AI4MRK iTunes: 133036 Last fm: Soundgarden Musicbrainz: 153c9281-268f-4cf3-8938-f5a4593e5df4 Songkick: 44690 Discogs: 105731 Allmusic: mn0000001098 Deezer: 1865 Genius: Soundgarden Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

As orixes: Seattle editar

A pesar de ser unha das principais bandas do movemento grunge e, así como Pearl Jam e Nirvana, ter nacido en Seattle, os dous membros fundadores de Soundgarden non son desa cidade. Kim Thayil (guitarrista), Hiro Yamamoto (baixista) e Bruce Pavitt eran amigos en Illinois, e, en 1981, decidiron mudarse para Olympia para tentar matricularse na universidade. Despois mudáronse para Seattle, atraídos pola escena musical desa cidade (Thayil coñecía a cidade xa que vivira alí unha parte da súa infancia). Thayil e Hiro formaron algunhas bandas, entre elas The Shemps, ao lado do guitarrista Matt Dentino.[2] Despois dalgún tempo, Hiro participou noutra banda que tiña como batería a un xove Chris Cornell. Thayil uniuse a eles en 1984 e chamáronlle á banda Soundgarden. Cornell pasou a ser o vocalista da banda e Scott Sundquist ocupou a batería durante un ano. Bruce non seguiu os pasos dos seus amigos: el fundou un fanzine que tempo despois converteríase no selo alternativo Sub Pop.

Nos primeiros anos da banda, eles tocaron e fixeron nome nos clubs de Seattle. Chegaron a tocar algunhas veces con Hüsker Dü e The Melvins. A escena grunge estaba comezando a formarse, e Soundgarden estaba vivindo e axudando a crear ese momento. O son da banda aínda non estaba moi ben definido: era unha mestura de heavy metal cun son máis alternativo. En 1986, eles gravaron dúas cancións para un disco chamado Deep Six, que tiña no seu playlist a outras bandas como The Melvins, Skin Yard e Green River (o embrión de Mudhoney e de Mother Love Bone). Aínda en 1986, cambian de batería: sae Scott (que estaba casado e tiña fillos) e entra Matt Cameron, que tocaba en Skin Yard. No ano de 1987, o selo Sub Pop de Bruce Pavitt xa era unha realidade, e Soundgarden foi unha das súas primeiras adquisicións. Asinaron contrato no verán dese mesmo ano.

 
Chris Cornell

Aínda en 1987, lanzan o EP chamado Screaming Life. Despois, xa en 1988, lanzan outro EP de nome Fopp. Máis tarde, en 1990, eles deciden relanzar os dous discos nun, de nome Fopp/Screaming Life. A banda xa tiña prestixio no círculo underground americano, cando asinou con outro selo alternativo, SST Records. No ano 1988, eles lanzam o disco Ultramega OK. Aínda en 1988 trocan novamente de selo. A nova casa agora é a A&M Records, que xa tentara contratalos nos tempos da Sub-Pop. O seu primeiro disco por este selo é Louder Than Love, lanzado no comezo de 1989. O título orixinal era Louder Than Fuck, pero deciciron cambialo para evitar polémicas. Despois dese lanzamento, Yamamoto decide deixar a banda para ingresar na Universidade. Jason Everman, que tocara con Nirvana, é o seu substituto.

Con Everman no baixo, a banda excursiona con Voivod e Faith No More. Pero Everman non se queda moito tempo, e en 1990 entra no seu lugar Ben Shepherd. Foi con esa formación coa cal Soundgarden entrou na historia: Ben Shepherd (baixo), Chris Cornell (voz), Kim Thayil (guitarra) e Matt Cameron (batería).

Máis ou menos nesa época, o vocalista de Mother Love Bone, Andrew Wood, morre de sobredose. El era moi amigo do persoal de Soundgarden, e estes, ao lado dalgúns integrantes de Pearl Jam, deciden gravar algunhas cancións en homenaxe ao seu falecido amigo. Ese proxecto paralelo acaba nun disco, e a banda acaba sendo coñecida como Temple of the Dog. O disco sae pola propia A&M Records, en 1991. É nese disco onde está o emocionante dueto de Chris Cornell e Eddie Vedder, na canción "Hunger Strike".

A madurez: Badmotorfinger editar

En 1991, Soundgarden volta ao estudio, ao lado do produtor Terry Date, para a gravación dun novo álbum. Badmotorfinger sae aínda en 1991.

Con varias cancións soando na MTV e nas radios (entre elas: "Rusty Cage" e "Jesus Christ Pose") a banda comeza a ter éxito entre un público máis amplo, que non coñecía ao cuarteto de Seattle anteriormente. A banda fai xiras con Guns ‘n Roses, Skid Row, Monster Magnet, Faith No More e Neil Young, á parte de participar do festival anual Lollapalooza.

Quedou claro tamén que Soundgarden era unha daquelas bandas que evolúe a cada álbum. A tendencia do grupo sempre fora un son cada vez máis experimental, o que persistiría nos álbums vindeiros.

O estoupido: Superunknown editar

En 1993, a banda volveu ao estudio para gravar un novo disco. En 1994 foi lanzado Superunknown. O disco ten varios hits, entre eles, a canción "Black Hole Sun", que converteuse no tema–símbolo da banda e nun dos himnos do grunge. Ese disco deulle varios premios ao grupo, que agora, definitivamente, era coñecido en todo o mundo. O conxunto participou en varias xiras, tocando ao lado de nomes como Screaming Trees, Reverend Horton Head e You Am I. Algunhas xiras por Europa foron canceladas debido a un problema nas cordas vocais de Chris Cornell.

En 1996, a banda lanzou o disco Down on the Upside, máis longo e denso que os anteriores, e talvez por iso non tivo tanto éxito coma os outros. Un dos feitos que tamén influíu foi o feito de ser lanzado cando o grunge estaba comezando a perder folgos. Pero, entre os fans máis ardentes do grupo, é considerado o mellor de todos ata o momento. A pesar de non ser tan accesible posúe algúns hits, entre eles, "Blow Up the Outside World", "Burden in My Hand" e "Pretty Noose". Iniciaron outra longa xira, novamente tendo algunhas paradas por causa dos problemas de voz de Chris. Participaron tamén nunha nova edición do Lollapalooza.

Este último álbum (talvez unha despedida involuntaria), retrata como a banda se sentía na época. A pesar de estar na cima da fama e o recoñecemento, no lado da cima (up side), eles continuaban "down". A escada de discográficas subida pola banda (dende a Sub Pop, selo alternativo de Seattle, ata a A&M Records) comproba iso. Neste disco eles mesmos fixeron o labor de produción. Talvez por iso ese sexa considerado polos fans de Soundgarden o seu mellor disco.

Pouco a pouco os integrantes da banda foron envolvéndose noutros proxectos, e o fin da banda comezou a parecer próximo. En abril de 1997, a banda anunciou o seu fin. "They mutually decided to disband to pursue other interests" (algo como: "Eles [a banda] reciprocamente decidiron separarse para perseguir outros intereses"), dicía o comunicado oficial que a banda divulgou. A pesar de ser a versión oficial, houbo rumores de problemas entre Ben e o resto da banda.

O último lanzamento do grupo foi un recompilatorio chamado A-Sides, que reúne algúns dos seus maiores éxitos ao longo dos seus 10 anos de carreira.

Despois da ruptura editar

Cornell editou un álbum en solitario en setembro de 1999, Euphoria Morning. No ano 2001 formou o supergrupo Audioslave con tres dos membros de Rage Against the Machine, e a banda editou tres álbums de estudio ata a súa disolución en 2007 pola saída de Cornell. En xuño dese ano lanzou o seu segundo álbum en solitario, Carry On, e o terceiro, Scream, aparecería en maio de 2009.

Thayil uniuse ao antigo vocalista de Dead Kennedys Jello Biafra, ao antigo baixista de Nirvana Krist Novoselic, e ao batería Gina Mainwal para un concerto realizado o 1 de decembro de 1999 baixo o nome The No WTO Combo. Thayil tamén tocaría nalgúns álbums, como o proxecto de Dave Grohl Probot.

Cameron inicialmente centrouse no seu proxecto paralelo Wellwater Conspiracy. Tamén traballou no álbum de The Smashing Pumpkins Adore e en 1998 fíxose cargo da batería de Pearl Jam debido aos problemas de saúde de Jack Irons. Finalmente quedaría na banda como membro permanente e gravaría catro álbums de estudio.

Shepherd foi o vocalista de Wellwater Conspiracy no seu álbum de estrea, Declaration of Conformity, pero deixou o grupo en 1998. Xirou con Mark Lanegan e tocou o baixo nos dous álbums deste.

Reunión editar

O 1 de xaneiro do 2010, Cornell falou dunha reunión de Soundgarden cunha mensaxe a través de Twitter: "The 12-year break is over and school is back in session. Sign up now. Knights of the Soundtable ride again!". A mensaxe ligaba cunha páxina que contiña unha fotografía da banda actuando e un espazo para que os seareiros deixasen o seu enderezo electrónico para manterse actualizados coa reunión do grupo. Introducindo esa información desbloqueábase un vídeo para a canción "Get on the Snake", do seu segundo álbum de estudio Louder Than Love.[3]

 
A banda no festival Lollapalooza

O 10 de marzo Soundgarden anunciou á xente que introducira o seu enderezo electrónico que re-editarían o sinxelo "Hunted Down" coa canción "Nothing to Say" en vinilo de 7" o 17 de abril, só durante o "Record Store Day". Tamén publicaron "Spoonman" ao vivo nunha actuación de 1996 en Del Mar Fairgrounds, en San Diego (California). A banda realizaría o seu primeiro concerto dende 1997 o día 16 de abril no Showbox at the Market da súa cidade natal, Seattle.[4] Soundgarden sería cabeza de cartel na escisión dese ano do festival Lollapalooza o 8 de agosto.[5]

Telephantasm: A Retrospective, un novo recompilatorio de Soundgarden, foi empaquetado cos primeiros envíos do videoxogo Guitar Hero: Warriors of Rock e publicado o 28 de setembro do 2010.[6] Esta era a primeira vez que un CD de música de venda polo miúdo era empaquetado cun videoxogo, e fíxose unha semana antes de que o mesmo CD estivese dispoñible nas tendas, o día 5 de outubro.[6] Editouse tamén unha versión estendida de Telephantasm formada por 2 CDs e 1 DVD. Unha canción da banda non editada anteriormente, "Black Rain", estreouse no Guitar Hero e aparece no recompilatorio, e puido escoitarse nas radios a partir do 10 de agosto, converténdose no primeiro sinxelo da banda dende 1997. O traballo acadou o status de disco de platino despois do seu primeiro día de vendas.

No mes de novembro do 2010 Soundgarden foi o segundo convidado musical no programa Conan, sendo a súa primeira aparición en televisión en 13 anos. Ese mes tamén editaron o vinio de 7" "The Telephantasm" para o Black Friday Record Store Day. En marzo do 2011 a banda publicou o seu rimeiro álbum ao vivo, Live on I-5.

En febreiro de 2011 anunciouse na páxina web da banda que comezaran a gravación dun novo álbum. O 1 de marzo dese ano Chris Cornell confirmou que Adam Kasper sería o encargado de producir o disco.[7] Catro días despois, o grupo dixo que estaría formado por materíal novo nun 90%, e o resto serían versións meloradas de vellas ideas. Tamén destacaron que tiñan de 12 a 14 cancións case listas.[8]

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Álbum Ano Selo
Ultramega OK 1988 SST Records
Louder than Love 1989 A&M Records
Badmotorfinger 1991 A&M Records
Superunknown 1994 A&M Records
Down on the Upside 1996 A&M Records
King Animal 2012 Seven Four Entertainment, Republic

Recompilatorios editar

Álbum Ano Selo
Screaming Life/Fopp 1990 Sub Pop
A-Sides 1997 A&M
Telephantasm 2010 A&M
The Classic Album Selection 2012 A&M
Echo of Miles: Scattered Tracks Across the Path 2014 A&M

Notas editar

  1. Anuncio da reunión da banda Soundgarden Reunion Planned for 2010 en Billboard.com
  2. Anderson, Kyle (2007). Accidental Revolution. Nova York: St. Martin's Griffin. pp. 112-116. ISBN 0-312-35819-9
  3. Kaufman, Gil. "Soundgarden's Chris Cornell Announces Reunion". MTV News (en inglés). Consultado o 2019-12-17. 
  4. "Reunited Soundgarden To Do Seattle Club Show". Billboard. Consultado o 2019-12-17. 
  5. "BLABBERMOUTH.NET - It's Official: Reunited SOUNDGARDEN Among LOLLAPALOOZA Headliners". web.archive.org. 2010-04-07. Archived from the original on 07 de abril de 2010. Consultado o 2019-12-17. 
  6. 6,0 6,1 "Soundgarden's 'Telephantasm' gets 'Guitar Hero' welcome - USATODAY.com". usatoday30.usatoday.com. Consultado o 2019-12-17. 
  7. Spin (ed.). "Chris Cornell Talks New Soundgarden Album". Consultado o 11 de febreiro de 2014. 
  8. NME (ed.). "Soundgarden's new album will feature 'updated old material'". Consultado o 11 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar