Sonsoles Espinosa

cantante española

Sonsoles Espinosa Díaz, nada en Ávila o 8 de novembro de 1961, é unha xurista, soprano e profesora de música española.

Sonsoles Espinosa
Nome completoSonsoles Espinosa Díaz
Nacemento8 de novembro de 1961
Lugar de nacementoÁvila
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de León
Ocupaciónprofessor de música e profesora de música
CónxuxeJosé Luis Rodríguez Zapatero
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla de militar, licenciada en dereito pola Universidade de León, coñeceu nesta cidade a José Luis Rodríguez Zapatero en 1981. A parella contraeu matrimonio o 27 de xaneiro de 1990. Froito deste son dúas fillas, Laura e Alba.

Profesional da música, impartiu clases desta disciplina nun colexio privado de León, o Colegio Leonés. Foi membro do coro universitario desta cidade. Ao ser elixido Rodríguez Zapatero secretario xeral do PSOE ambos trasladaron o seu domicilio a Madrid, a capital de España. Grazas á práctica da música vocal tamén en Madrid permanece en contacto co mundo artístico. No coro do Teatro Real desempeñou funcións de soprano substituta. Con posterioridade, foi tamén contratada polo coro de RTVE.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Ana Botella
  
Parella do Presidente do Goberno de España
 
2004 - 2011
Sucesor:
Elvira Fernández Balboa