Som uzbeko
O‘zbek so‘mi / Ўзбек сўми en uzbeko
Código:UZS
Ámbito: Uzbekistán
Símbolo:S/. (latino) C/. (Cilirico)
Fracción:100 Tiyin
Moedas:50, 100, 200 e 500 som
Billetes:1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 20.000, 50.000, 100.000 e 200.000 som
Emisor:Banco Central de Uzbekistán
Taxa de troco:
4 de abril de 2021
1 EUR = 12.291,97 UZS
1 USD = 10.452,98 UZS
Troco actual

O som (en uzbeko escrito en cirílico сўм, e en alfabeto latino, so‘m), é a moeda oficial de Uzbekistán. Divídese en 100 tiyin e o seu código ISO 4217 é UZS.

Etimoloxía editar

Na antiga Unión Soviética, os habitantes das Repúblicas Socialistas Soviéticas de Casaquistán, Kirguizistán e Uzbekistán chamábanlle ao rublo soviético som. De feito, así é como aparecía escrito nos billetes soviéticos entre as demais linguas oficiais da URSS.

A palabra "som", ás veces transliterada como sum ou soum, en kirguiz, uigur e uzbeko, así como en moitas outras linguas túrquicas, significa "puro", facendo referencia ao ouro ou á prata.

Primeiro som editar

Como en moitas das antigas repúblicas soviéticas, Uzbekistán continuou empregando o rublo soviético e o rublo ruso tras a súa independencia en 1991. O 26 de xullo de 1993 Rusia emitiu un novo rublo para substituír o rublo soviético. Algunhas repúblicas independizadas xa tiñan as súas propias moedas antes desta reforma monetaria, mais outros países continuaron utilizando os rublos soviéticos e rusos, como é o caso de Uzbekistán.

O 15 de novembro de 1993 Uzbekistán estreou o seu som para substituílo polo rublo. Non se acuñaron moedas, e os billetes impresos ían desde 1 a 10.000 som. Debido a que se trataba dunha moeda transitoria, os deseños dos billetes eran moi sinxelos. Todos tiñan o escudo de armas uzbeko no anverso, e motivos da arquitectura islámica no reverso. A única diferenza entre unha denominación e outra era a cor do billete.

Billetes editar


Denominación Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso
1 Som Azul    
3 Som Verde    
5 Som Violeta    
10 Som Rosa    
25 Som Azul/Verde    
50 Som Rosa    
100 Som Marrón    
200 Som Violeta    
500 Som Vermello    
1.000 Som Marrón    
5.000 Som Azul    
10.000 Som Vermello    


Segundo som editar

O 1 de xullo de 1994 introduciuse un novo som cunha taxa de cambio de 1.000 som antigos = 1 UZS. Este som está dividido en 100 tiyin, e no momento da súa aparición, fixou a súa taxa de cambio a 25 som por dólar.

Moedas editar

Acuñáronse dúas series de moedas que se distinguen facilmente unha da outra, xa que a primeira tiña as súas lendas escritas en cirílico e a segunda en alfabeto latino.


Primeira serie
Denominación Emisión Metal Diámetro
(mm)
Peso
(g)
Anverso Reverso Imaxe
1 Tiyin 1994 Cu+Ni+Zn 17,00 1,70 Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ 1 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación  
3 Tiyin 1994 Cu+Ni+Zn 20,00 2,70 Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ 3 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación  
5 Tiyin 1994 Cu+Ni+Zn 21,50 3,40 Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ 5 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación  
10 Tiyin 1994 Cu+Ni 18,80 2,90 Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ 10 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación  
20 Tiyin 1994 Cu+Ni 22,00 3,90 Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ 20 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación  
50 Tiyin 1994 Cu+Ni 24,00 4,90 Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ 50 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación  
1 Som 1997 Cu+Ni 19,80 2,72 Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ 1 СЎМ - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación  
5 Som 1997 Cu+Ni 22,20 3,94 Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ 5 СЎМ - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación  
10 Som 1997 Cu+Ni 24,10 4,80 Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ 10 СЎМ - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación  



Segunda serie
Denominación Emisión Metal Diámetro
(mm)
Peso
(g)
Anverso Reverso Imaxe
1 Som 2000 Cu+Ni 18,80 2,90 Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación 1 SO‘M - Mapa de Uzbekistán  
5 Som 2000 Cu+Ni+Zn 21,30 3,50 Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación 5 SO‘M - Mapa de Uzbekistán  
10 Som 2001 Al 19,90 2,75 Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación 10 SO‘M - Mapa de Uzbekistán  
25 Som 1999 Cu+Ni 27,20 6,10 Escudo de armas - O‘ZBEKISTON RESPUBLIKASI - ano de acuñación 25 SO‘M - Jalal ad-Din Mingburnu - JALOLIDDIN MANGUBERDI - 800 yil  
50 Som 2001 Cu+Ni 26,40 7,45 Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación 50 SO‘M - Mapa de Uzbekistán - O‘ZBEKISTON RESPUBLIKASI - MUSTAQILLIGINING · 10 YILLIGI  
50 Som 2002 Cu+Ni 26,40 7,90 Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación 50 SO‘M - Monumento a Tamerlán - Palacio de Ak-Saray en Shakhrisyabz - SHARISABZ SHAHRINING 2700 YILLINGI  
100 Som 2004 Cu+Ni 27,00 8,20 Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación 100 SO‘M - Mapa de Uzbekistán - Sol - 10 YIL - O‘ZBEKISTON MILLIY VALYUTASIGA  
100 Som 2004 Cu+Ni 27,00 8,20 Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación 100 SO‘M - O‘ZBEKISTON MILLIY VALYUTASIGA - TOSHKENT SHAHRINING 2200 YILLIGI  
100 Som 1997 Cu+Ni 27,00 8,20 Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación 100 SO‘M - O‘ZBEKISTON MILLIY VALYUTASIGA - Estatua da Nai que chora na Praza da Independencia - TOSHKENT SHAHRINING 2200 YILLIGI  


En maio de 2018 anunciouse a aparición dun novo cono monetario en denominacións de 50, 100, 200 e 500 som. Ao mesmo tempo, informábase que todas as moedas e billetes emitidos previamente con eses valores e inferiores, serían desmonetizados en xullo de 2020.

Third series (2018)[1]
Imaxe Valor Parámetros técnicos Descrición Data de
Diámetro Peso Composición Canto Anverso Reverso Primeira emisión Data Estado
  50 soʻm 18.0 mm 2.0g Aceiro revestido en níquel Liso Denominación Emblema nacional de Uzbekistán - ano de emisión 2018 2 de xullo de 2018[2] Vixente
  100 soʻm 20.0 mm 2.5 g Monunento á Independencia e a Bondade, Tashkent
  200 soʻm 22.0 mm 3.3 g Detalle dun mosaico de tigre da madrasa Sher-Dor en Reguistán, Samarcanda
  500 soʻm 24.0 mm 3.9 g Palacio de Convencións (Anjumanlar Saroyi) en Tashkent

Billetes editar

Os billetes de 1, 3, 5, 10, 25, 50, 100, 500, 1000, 5000 e 10000 som empezáronse a producir en 1994. En 1997 introduciuse o billete de 200 som. O billete de 500 som introduciuse en 1999 e logoo Banco Central de Uzbekistán emitiu o billete de 1.000 som en 2001. O billete de 5000 som introduciuse en 2013 e, despois o Banco Central de Uzbekistán emitiu os billetes de 10.000 e 50.000 som en 2017. O 28 de febreiro de 2019 foi agregada á familia de billetes a denominación de 100.000 som. En 2022 entraban en circulación novos billetes, que incluía billetes de 2.000, 20.000 e 200.000, todos con alfabeto latino


Denominación Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso
1 Som Verde/Rosa    
3 Som Vermello/Verde    
5 Som Azul/Vermello    
10 Som Violeta/Azul    
25 Som Azul/Violeta    
50 Som Laranxa/Marrón    
100 Som Violeta    
200 Som Verde    
500 Som Vermello/Verde    
1.000 Som Marrón/Violeta    
5.000 Som Verde    
10.000 Som Azul    
50.000 Som Violeta    
100.000 Som Laranxa    


Denominación Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso
2.000 som Vermello    
5.000 som Verde    
10.000 som Azul claro    
20.000 som Azul escuro    
50.000 som Violeta    
100.000 som Laranxa    
200.000 som Terracota    

Notas editar

  1. "Монеты". www.cbu.uz. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2019. Consultado o 24 de abril de 2019. 
  2. "СО 2 ИЮЛЯ 2018 ГОДА ВВОДЯТСЯ НОВЫЕ МОНЕТЫ В 50, 100, 200 И 500 СУМОВ". www.norma.uz. 28 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar

Actuais taxas de troco do/a UZS
Datos de Google Finance: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de Yahoo! Finance: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de XE: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de OANDA: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de fxtop.com: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de Currency.Wiki: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD

Bibliografía editar

  • Krause, Chester L. and Clifford Mishler (2008). Standard Catalog of World Coins: (1901–2008). Krause Publications. ISBN 978-0-89689-713-7.
  • Pick, Albert (2009). Standard Catalog of World Paper Money, Modern Issues, 1961-Presente. Colin R. Bruce II and Neil Shafer (editors). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9.

Ligazóns externas editar