A solanina é un Glucoalcaloide tóxico (Número CAS 20562-02-1) de sabor amargo que responde á fórmula elemental C45H73NO15. Está formado por un alcaloide, a solanidina, e por unha cadea lateral dun carbohidrato: Solanid-5-en-3β-il-O-α-L-ramnopiranosil-(1→2)- O-β-D-glucopiranosil-(1→3)-β-D-galactopiranósido. Atópase de modo natural en follas froitos e tubérculos dalgunas plantas das solanáceas[1] (por exemplo, a pataca e o tomate). Considérase que as plantas a sintetizan para protexerse dos predadores[2].

α-Solanina
Identificadores
Número CAS 20562-02-1
PubChem 6537493
ChemSpider 28033
UNII 3FYV8328OK
ChEBI CHEBI:9188
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C45H73NO15
Masa molecular 868,06
Aspecto sólido cristalino branco
Punto de fusión 271–273 °C; 520–523 °F; 544–546 K

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Velenoso.

Intoxicación editar

A intoxicación por solanina caracterízase por alteracións gastrointestinais (diarrea, vómito, dor abdominal) e neurolóxicas (alucinacións, dor de cabeza etc.)[3]. A dose tóxica é de 2–5 mg por quilogramo de peso corporal.

Os síntomas maniféstanse ás 8-12 horas trala inxestión. Basta cunha cocción adecuada para desnaturalizala e evitar os seus efectos, que ocorren tanto en humanos como en animais. O tratamento da intoxicación inclúe a administración de fluídos e outras medidas farmacolóxicas.[4]

 

Notas editar

  1. Muñoz O. 1992. Solanaceae p.189-212 en O.Muñoz (ed.). Química da flora de Chile, DTI, Universidad de Chile
  2. http://www.inchem.org/documents/jecfa/jecmono/v30je19.htm
  3. http://www.food-info.net/uk/qa/qa-fp95.htm
  4. Solanine poisoning BMJ 2, 1458–1459 1979 (tratamento)