Sol Aparicio

militar e político galego

Sol Aparicio Rodríguez, nado en Lourizán (Pontevedra) o 12 de decembro de 1899 e finado en Madrid o 9 de febreiro de 1982, foi un mecánico, militar e político galego.

Infotaula de personaSol Aparicio
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Lourizán, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de febreiro de 1982 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político , Mecánico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do maquinista do ferrocarril de vía estreita que unía Pontevedra con Marín. Traballou como cobrador da Compañía Ybarra e aprendiz nunha fundidora. Incorporouse como marino da Armada en Ferrol e ingresou no Corpo de Maquinistas da Armada. Fixo un curso para mecánicos de aviación e incorporouse ao aeródromo de Cuatro Vientos de Madrid. Trasladouse ás escuadrillas de Marrocos como técnico de aviación en 1921. Prisioneiro de Abd-el-Krim, sobreviviu e foi liberado en 1923.[1] En 1927 gañou unha bolsa para perfeccionarse como mecánico de aeronáutica en París, onde viviu varios meses. Despois volveu ingresar como técnico na aviación militar. En 1930 foi nomeado sarxento xefe de mecánicos do aeródromo de Getafe. Ingresou no Partido Comunista de España en 1934.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 dirixiu o asalto ao cuartel de Artillaria de Getafe, onde se parapetearon os rebeldes, e foi ferido. Foi ascendido a tenente mecánico. En outubro de 1937 foi trasladado á escuadra de caza 11, no aeródromo de Caspe. Coa derrota da República cruzou a fronteira francesa. Foi internado nos campos de concentración de Le Boulou, Gours e Saint Cyprien. Recibiu un visado para Leningrado e embarcou no vapor soviético Maria Ullanova no porto de Le Havre. Traballou como técnico especializado na fábrica de metalurxia de Kramatorsk, na rexión do Donbas. Coa invasión alemá foron evacuados a Siberia. Foi guerrilleiro no Exército Vermello. Ao final da guerra instalouse en Moscova.

Trasladouse da Unión Soviética a México arribando ao porto de Veracruz o 13 de marzo de 1947.[2] Instalouse en Monterrey. Permaneceu en México ata 1975, cando volveu a España. Foi membro da Asociación de Aviadores da República. Finou en Madrid o 9 de febreiro de 1982.[3]

Obras editar

  • Yo combatí en tres guerras, 1973.

Recoñecementos editar

  • Medalla de Sufrimentos pola Patria, 1927.
  • Medalla da Vitoria sobre Alemaña na Guerra Patriótica, 1945.

Vida persoal editar

Casou en 1930 con María Martín, con que tivo tres fillos.

Notas editar

  1. El Progreso, 16-2-1923, p. 2.
  2. Ficha en Departamento de Migración de México
  3. Necrolóxica en El País, 10-2-1982, p. 31.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Ligazóns externas editar